José Domingo
José Domingo
Zaragoza, 1982
[Blog] [Correo electrónico]
Biografía
José Domingo é un deses xoves investigadores da viñeta. Unha desas persoas que sempre di que aínda está a comezar nesta dificil andadura dos cadriños, que aínda está en pañais non mundo da historieta e que aínda lle queda moito camiño por percorrer para estar ao nivel dos grandes. Pois non, José, estás moi equivocado. Durante estes últimos anos José demostrou todo o contrario. Xa que, este zaragozano de nacemento, ferrolano de adopción e coruñés de corazón viu medrar, ata límites insospeitados, a súa capacidade creativa, a súa interpretación da páxina e a súa definición nas liñas. Durante estes anos pasou de ser un licenciado en Belas Artes calquera a colaborar con infinidade de fanzines e revistas, crear a páxina web “Mister Miedo xunto con: Damián Figaredo, Rubén Martínez y Marcos García, dentro do programa de Postgrado en Creación e Comunicación da Universidade de A Coruña, a traballar como deseñador de producción en Dygra Films (unha tarea nada doada para os profesionais do sector), unirse ao colectivo Polaqia para publicar a serie “Ulises Mortem” (recentemente foi nomeado director da revista que deu a luz esa serie, Barsowia) e acaba de publicar xunto con Kike Benlloch "Cuimhne", un álbum 124 páxinas editado por Dolmen Editorial. Case nada.
Estudos:
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca.
Obras:
2008 – Cuimhne. Xunto con Kike Benlloch
2008 – Barsowia 12. VV/AA. Polaqia.
2008 – Barsowia 11. VV/AA. Polaqia.
2007 - ! - Fanzine. VV/AA. Autoeditado
2007 – Barsowia 10. VV/AA. Polaqia.
2007 – Barsowia 9. VV/AA. Polaqia.
2006 – Barsowia 8. VV/AA. Polaqia.
2006 – Barsowia 7. VV/AA. Polaqia.
2002 – Carne Líquida
Un rapaz que promete! Darlle caña pra outra albún
Comment enviado por: Sanmi — 19-12-2008 @ 19:27