Pinto & Chinto conseguen o 2º premio no Concurso Internacional de Humor Gráfico de Barakaldo

O primeiro premio recadou no arxentino Emilio Federico Torres que nos mostra a súa particular visión da realidade humana cun antes e un despois con 10000 anos de por medio, e o 3º noutro español procedente de Cartaxena, José Francisco Martínez García que nos mostra os “perigos” do GPS. O 4º e o 5º posto foron para o turco Ahmet Aykanat e o iraní Bahman Jallali respectivamente.
Tódolos participantes no evento enviaron previamente unha escea humorística relacionada coas novas tecnoloxías, escea que ademáis tiña que causar un impacto directo na nosa vida cotián. Internet, bioloxía, espacio, telecomunicacións, medicina,… todo vale para sacar un bo sorriso ademáis de aleccionar da nosa dependencia e consumo tecnolóxico. As tres tiras cómicas que representaban a Galicia tiñan a telefonía móvil como temática principal. Unha delas convertirase tamén no cartaz oficial do evento.
Con este premio, os nosos humorístas pechan un ano especialmente fructífero. Ano que coincide co decimoquinto aniversario de colaboración artística. Neste tempo a súa sólida carreira profesional, abarca, ademais do humor gráfico, a literarutra infantil, onde tamén obtiveron infinidade de premios tanto a título individual como en conxunto. Cabe destacar o Merlín, o premio Frei Martin Sarmiento, e a súa selección para participar na Feria Internacional de Boloña.