Estreo da película de animación Vals con Bashir
Sóaos a película de animación Vals con Bashir?. Non? Pois aquí tedes: Globo de Oro 2009 á mellor película de fala non inglesa; nominada á Palma de Ouro do Fesival de Cannes no 2008; nominada ao Oscar á mellor película extranxeira 2009, e algúns máis.
De qué vai? A historia comenza co pesadelo cotiá dun home no que lle perseguen 26 cans. Ao contalo a un amigo chegan a conclusión de que o recurrente sono ten que ver cun unha misión militar en Líbano que amboslos dous fixeron para o exército israelí a principios dos oitenta. Sorprendentemente un dos amigos non lembra nada de ese periodo da súa vida polo que decide investigar falando con vellos coñecidos esparcidos polo mundo adiante.
En realidade a película é un documental animado sobre a matanza dos refuxiados palestinos en Sabra e Chatila (Líbano) no ano 1982. Desgraciadamente o tema volve a estar presente, como tantas outras veces, e neste punto non esquezamos que a producción é de Israel-Alemania-Francia.
Pois resulta que esta película vaise a estrear o 20 de febreiro nos mellores cines (nesta definición agardamos que entre algún da Coruña) e eu, persoalmente, teño moitas gañas de vera porque coido que é interesante, de cando en vez, tomar unha dose de realidade na gran pantalla fronte a superheróes e supervilánsns de conto cunha mensaxe moi específica.
É un documental, semella a vivencia do propio director Ari Folman, pero as poucas imaxes amosan un estilo realista cunha forte presencia das cores ocres e sombras e cun ritmo narrativo moi pausado.
Aquí tedes o trailer e lembrade o slogan da película: Quizá esquezamos o pasado, mais o pasado non nos esquece a nós.
Julio Pesquero
Son muchos los calificativos que la describen: Impecable, inquietante, valiente, Devastadora.
Vals con Bashir me parece un logro cinematográfico. Versa sobre la mutabilidad de los recuerdos, la desmitificación de la gloria en la guerra y la verdad de la masacre acaecida en el Líbano. La animación es el medio idóneo para narrar una historia onírica donde la experiencia surrealista de la batalla se convierte en una pesadilla más real que los asientos y las palomitas.
Comment enviado por: Fátima — 27-02-2009 @ 12:33