Continúa a emigración galega aos Estados Unidos
A penúltima foi Enma Ríos pero o fluxo de creadores de banda deseñada non para. Agora Xurxo García Penalta colle a maleta e vai aos Estados Unidos para traballar coa Marvel. O seu traballo é reinterpretar a D-man, un heroe creado na década dos setenta por Roy Thomas, o que podemos calificar coma un heroe de segunda fila na máquina Marvel.
O proxecto nace dunha entrevista cun editor de Marvel no Ficomic de Barcelona no que Xurxo García presentaba o seu traballo "La política de los Insectos" en colaboración con Alberto Vázquez; tras unhas probas o autor recibeu o encargo de rexenerar a D-Man, un deportista norteamericano con serios problemas de dopaxe.
No mes de maio publicáse esta historia de nove páxinas en Asistant Sized Spectacular xunto a outros artistas.
gracias por reseñar esto
aqui esta mi blog para mas info e imagenes
http://laserdraw.blogspot.com/
xurxo
Comment enviado por: xurxo g penalta — 29-03-2009 @ 23:00