O cómic desde distintas miradas

Fancómic

22-05-2009

Galicia no Salón Internacional do Cómic de Barcelona

Etiquetas: Terra galega, Salón

Galicia é a comunidade invitada este ano no Ficómic de Barcelona que comenza o 29 de maio; xunto a este feito podemos engadir outros que sinalan a importancia do mundo comiqueiro deste país:

  • Xa pódense ver por toda Barcelona os carteis desta edición do 27º Salón Internacional do Cómic que foi realizado polo ourensano David Rubín.
  • Temos 7 autores e publicacións galegas nominados aos distintos premios.
  • Exposición Viñetas descubertas: escolma de obras realizada polos propios autores que destacaron nos dous certámenes máis relevantes da nosa comunidade: GZcrea e o premio Castelao.
  • Exposición Miña Terra Galega: experimento curioso de sete autores galegos (Diego Blanco, Manel Cráneo, José Domingo, Alberto Guitián, Emma Ríos, Iván Suárez e Alberto Vázquez) que propoñen unha historia sobre algún tópico vencellado a Galicia: emigración, choiva, marisco, etc.
  • Mesa redonda sobre o sector en Galicia, na que participarán autores, editores e libreiros galegos e na que preténdese que asista un autor clave  e de longa traxectoria como é Xaquín Marín.

E, finalmente, a presencia galega contará con dous stands no salón: un de promoción o outro de venda baixos os auspicios da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

 

1 comentario »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2009/05/22/galicia-no-salon-internacional-do-comic-de-barcelona/trackback/

  1. Festa Rachada da BD en Barna. As Sepentes cegas son o noso grande triunfador co premio mellor guión de Felipe Hernández Cava, que nos narra un axuste de contas no marco da guerra civil española, e tamen foi galardonada co premio mellor obra 2008.

    Comment enviado por: Sanmi — 02-06-2009 @ 23:55

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.