Es un superheroe anónimo? Rexistrate
Se es un superheroe dos de andar pola casa e non tes moito que facer deberias inscribirte no World Superhero Registry. A cousa é seria, tes que aportar unha fotografía e definir claramente algúns aspectos da túa vida superheroina: Cal é o teu eido de actuación, cal é o teu enemigo mortal, a organización a que pertences, etc.
Neste rexistro en liña tamen podes poñer os teus enderezos web e a rexión donde actuás. Non cho penses, rexistrate en únete a Green Scorpion, The eye, Queen of the Hearts e a Red (ou black, ou dark) Arrow.