O cómic desde distintas miradas

Fancómic

12-06-2009

Eu quero ser un supervilán

Etiquetas: Opinión
 
Ohhh, mira. Que é iso que se ve no ceo?. Ten unha capa, será un gótico?. Non, ten un rizo na frente, é Estrellita Castro.

Non estades fartos dos mesmos clixés polos que se rexen os superheroes.? Que se mataron aos meus pais e por iso son así, que se antes era guapo e agora son de pedra, que se me inmolou o meu compañeiro nunha guerra e despois de pasar polo inferno revivín como un demo para poder ver a miña esposa… Bahhhhhh, tonteiras.

Algunha vez vichedes ao Doutor Doom queixarse por ter a cara como un mapa?, acaso Red Skull chorou despois de matar á única moza a que amou?, despois de estar encerrado nun campo de concentración no que mataron a súa filla, credes que para Magneto o humanicidio non é a solución?.

Os malos máis malos dos malos son tamén os máis esperados, porque: que sería dun superheroe se non houbese superviláns?, podería vivir Sherlock Holmes sen o profesor Moriarty?, e Austin Powers sen o Doutor Maligno?. De seguro que non. O único que farían os superheroes sería aburrirnos cos seus conflictos persoais, o cuestionamento dos seus poderes e/ou métodos que usan para combatir o crime, o mal que lles queda a roupa axustada despois das Navidades…

Non estades fartos dos mesmos clixés polos que se rexen os superheroes?
Por iso, dende aquí e para o mundo, quero reivindicar a figura do supermalo. O antagonista dos que levan pantis para parecer máis cachas; o que se lle deformou a cara despois participar nos últimos premios limón; eses amantes dos gatos con risa diabólica… Para eles, vai este post.

E por que?. Porque teñen nomes supermolóns (Doutor Morte, Veneno, Darth Vader…); porque na escola sempre lles dixeron que a intelixencia é máis forte que os músculos; porque non precisan dun compañeiro, con tendencias dudosas, para facer os seus crimes; porque sempre andan a buscar cousas raras que lles axuden a dominar o mundo;  porque se tiran enriba de residuos radiactivos para obter os seus poderes; porque inventaron os esbirros, eses tipos raros que visten igual e quen ninguén sabe para que valen; e porque non hai nada mellor que ser o máis malo do mundo mundial e aínda por riba querer instaurar nel unha ditadura despois de matar a todos sobre os que querías mandar.

Por iso, Fátima, loitarei polo primeiro posto de personaxe máis atormentada do mundo dos cómics. Dille aos teus choromicas que é a guerra.

 
 Iván Serrano

1 comentario »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2009/06/12/eu-quero-ser-un-supervilan/trackback/

  1. La guerra empezó hace mucho, mucho tiempo.
    Eso sí, puedo asegurarte que hay algo en lo que vencen los héroes sin despeinarse : aunque ninguno tiene la clase de Darth Vader portando la capa (bueno, Severus Snape) los “choromicas” son mucho más guapos xDD
    Hasta Eric Draven, a pesar de toda esa chapa y pintura facial. YumYum… ^_^

    Comment enviado por: Fátima — 12-06-2009 @ 12:06

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.