Max na Fundación Luis Seoane da Coruña
A Fundación Luís Seoane da Coruña expón desde o venres 12 de xunio e ata setembro a mostra Hipnotopía, na que o debuxante Francesc Capdevilla, máis coñecido por Max, ofrece un percorrido polo seu traballo máis recente, polos seus gustos e obsesións.
As ilustracións presentes na exposición posúen un marcado ton onírico e están cheas de curiosas referencias, como o debuxo que homenaxea ao famoso cadro de Johann Heinrich Fössli, do que existen catro versións do propio pintor, e mesmo ilustracións que mostran os gustos literarios e pictóricos do artista: desde Osamu Tezuka e o seu Astro Boy, até Chesterton, pasando por Buñuel, Robert Graves, Tardi, Picasso ou Durero. Hipnotopía recolle tamén varios exemplos do Max cartelista realizados para diferentes festivais de todo tipo e tamén dibuxos pertencentes ás súas últimas obras como artista do cómic, como os de El prolongado sueño del señor (Premio ao Mellor Guión do Salón de Barcelona no 1998) ou o seu famoso personaxe Bardín o Superrealista.
No ano 2007 Max recibíu o Premio Nacional de Ilustración do Libro Infantil e Xuvenil e en novembro dese mismo ano recibe o 1º Premo Nacional do Cómic.











