Max na Fundación Luis Seoane da Coruña
A Fundación Luís Seoane da Coruña expón desde o venres 12 de xunio e ata setembro a mostra Hipnotopía, na que o debuxante Francesc Capdevilla, máis coñecido por Max, ofrece un percorrido polo seu traballo máis recente, polos seus gustos e obsesións.
As ilustracións presentes na exposición posúen un marcado ton onírico e están cheas de curiosas referencias, como o debuxo que homenaxea ao famoso cadro de Johann Heinrich Fössli, do que existen catro versións do propio pintor, e mesmo ilustracións que mostran os gustos literarios e pictóricos do artista: desde Osamu Tezuka e o seu Astro Boy, até Chesterton, pasando por Buñuel, Robert Graves, Tardi, Picasso ou Durero. Hipnotopía recolle tamén varios exemplos do Max cartelista realizados para diferentes festivais de todo tipo e tamén dibuxos pertencentes ás súas últimas obras como artista do cómic, como os de El prolongado sueño del señor (Premio ao Mellor Guión do Salón de Barcelona no 1998) ou o seu famoso personaxe Bardín o Superrealista.
No ano 2007 Max recibíu o Premio Nacional de Ilustración do Libro Infantil e Xuvenil e en novembro dese mismo ano recibe o 1º Premo Nacional do Cómic.
Un tipo encantador. Magoa non fora moita xente a inaguración. Ide ver a expo, os orixinais fan gañar mais puntos a obra de MAX
Comment enviado por: Sanmi — 14-06-2009 @ 18:41
Vaia, qué mágoa! Os fancomiqueros iremos a vela, pero o 12 tiñamos outro compromiso na biblio de Castrillón… agardo que nos permitan sacar fotos para colgalas no blog!
Comment enviado por: Fátima — 15-06-2009 @ 09:39