O cómic desde distintas miradas

Fancómic

24-06-2009

O Génesis segundo Robert Crumb

Etiquetas: Reseña, Noticia

"Pode que o compren nas escolas para estudar o Antigo Testamento" dixo satíricamente o pai do cómic underground americano cando lle preguntaron pola repercusión que terá a súa recén rematada obra “Génesis”. E nada máis lonxe da realidade, porque se por algo se caracteriza o traballo de Robert Crumb é por ter un sentido estético e narrativo un tanto particular. Ou dito desde a opinión dos seus detractores “o seu traballo é unha inmadura e degradante obra de pornografía misógina”.

Ben é certo que nas historietas autobiográficas deste mestre dos lápices as súas obsesións sexuais non están ligadas ao políticamente correcto, polo que para moitos a súa lectura pode resultar incómoda e ata ofensiva. Pero esta vez non imos ver a ese pequeño mequetrefe depravado asediado pola culpabilidade, senón unha obra sacada directamente da Biblia. Estamos a falar do Génesis, o libro primeiro de Moisés do que Robert Crumb dixo: "Bucear no texto serviume para darme conta de que as miñas burradas estaban alí ao principio do principio". Aínda así, o guión conta fielmente con puntos e comas o escrito na Sagradas Escrituras "

Se requiere supervisión adulta para lectores menores
Es una visión de la Biblia sin tapujos. El texto bíblico es poético, mientras que la versión de Crumb es más salvaje. Si hay dos que echan un polvo, lo echan", confirman desde La Cúpula, a editorial que publica no noso país as obras de Crumb e a que vai a colgar na portada "Se requiere supervisión adulta para lectores menores". Xa que un revisión crúa do texto implica que hai lugar para o incesto, os asasinatos, os adulterios… o que fai da Biblia unha lectura apaixoante incluso para os ateo-agnósticos.

Resumindo, 201 páxinas en 50 capítulos que van a facer as delicias de calquera, sobre todo de Crumb que poderá descansar despois dos catro anos e medio que lle ocupou facer este mastodonte viñetil.

Agora a esperar a outubro-novembro para poder lela. Noooooooon, non vou ser tan malo, ahí vos vai unha pequena mostra. E como xa pasou a séptima hora, a descansar.

 
Iván Serrano
Bibliotecario de la Municipal Forum da Coruña