O coruñés Martín Romero acada a bolsa AlhondigaBilbao

O xove coruñés Martín Romero acadou a bolsa concedida por AlhondigaBilbao en colaboración con ‘La Maison des Auteurs’ de Angoulema. Dita bolsa permitirá ao autor o desenvolvemento do seu proxecto xa que está dotada con aloxamento nun apartamento individual durante un ano, acceso a todolos servizos de La Maison des Auteurs e 1.000 € mensuais ata un máximo dun ano.
É esta unha iniciativa máis de AlhonidigaBilbao na promoción do cómic xa que pretende impulsar a creación de BD e de potenciar aos novos artístas. En calquera caso Martín Romero Outeiral non é un descoñecido en Galicia xa que tamén acadou o Premio GZCrea na edición do 2008 pola obra "O home do saco", premio que, por certo, entregouse no mismo acto que o Premio Ourense concedido a este blog.
Pois dende aquí os nosos parabéns Martín.












