O cómic desde distintas miradas

Fancómic

06-07-2009

Fancómic busca voluntarios para la Feria del cómic de A Coruña

Necesitamos da túa axuda para o Stand das Bibliotecas Municipais da Coruña durante a celebración do Festival de Cómic da Coruña "Viñetas desde o Atlántico 2009"

Que tes que facer no Festival?

Axudarnos na montaxe e decoración da caseta, repartir os folletos na Feira e nas Salas de Exposicións de Viñetas, atender ao público na caseta e, sobre todo, informar de todo o vencellado ás Bibliotecas Municipais da Coruña e ó propio Salón do Cómic. Para iso ímosche dar unha acreditación para que poidas presumir de voluntari@.

Como me apunto?

1. Descarga e imprime este formulario se eres menor de 18 anos ou este outro se eres maior de idade.

2. Cumprimenta a folla e lévaa a calquera destas dúas bibliotecas municipais xunto a unha foto tipo carné:

  • Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil: Rúa Durán Loriga 10, 1º
  • Biblioteca Municipal Forum Metropolitano (Sala Infantil): Rúa Monelos 1
A finais de xullo poñerémonos en contacto contigo, falaremos e teremos unha reunión para organizarnos e explicarvos cousas das nosas bibliotecas para que podades axudar aos visitantes da Feira.