O cómic desde distintas miradas

Fancómic

10-08-2009

A Conta atrás 1, de Carlos Portela y Sergi SanJulián

Etiquetas: Reseña

-O mar está enfermo- espetoume un percebeiro cormés no medio da celebración da XVII festa do percebe do roncudo na súa vila. Ante a cara de estupor que amosei, preguntoume, -Algunha vez liches Momo?, de Michael Ende-. -Si, si, por suposto- lle dixen. -Pois aquí pasa o mesmo que en Momo. Os señores do traxe gris prometéronnos diñeiro (non tempo)… e canto nos durou?. Creo que no primeiro verán fundin toda a pasta, pasei un verán de puta madre, pero cando rematou convertinme nun percebeiro sen percebes que coller. Comecei a volverme tan gris como esta festa. Unha festa que non é nin a sombra do que un día foi-.

Seguimos falando durante alomenos 2 horas e despois dun par de risas (non vai ser todo tristeza) e outro de birras, despediamonos coma se fosemos amigos de toda a vida, coma se eu entendese a súa situación a perfección, como se fose a cor que lle faltaba…, e en certa parte o son. O son, porque coñezo perfectamente a situación. Nunca fun aos percebes, nin sequera veño dunha vila mariñeira, pero coma todos vós: sufrin co derramamento do sangue escura que pudriu as nosas costas, enfurecinme cando os políticos de turno xogaban a pasarse o balón uns aos outros mentres lle chamaban “hilillos” e “galletas” a morte do noso mar, chorei cando vin a cantidade de animais mortos nas nosas augas, saín a rúa para reivindicar os dereitos dos mariñeiros… e co paso dos anos o esquecin. Co paso do tempo, todos o esquecimos.

Todos?. Parece que Carlos Portela aínda o ten gardado na memoria. Por iso con “A conta atrás” querenos presentar a verdadeira historia do desastre do Prestige, nunha obra na que a pesar de non estar os nomes reais de barcos, políticos, persoas, vilas…, vemos reflectido todo o que aquí aconteceu. Quizáis este recurso narrativo dalle a obra un carácter máis universal (puido pasar en calquera parte, con calquer goberno), quizáis é unha excusa literaria para facer ao lector partícipe da narración, ou quizáis é unha nova maneira de facer cine (se algún de vós viu “Memento” sabe a que me refiro), pero do que non cabe dúbida é de que está cheo de verdades que no paran de golpearte a cada páxina.

Por se isto fose pouco, Portela xoga coa visión do lector presentando os últimos feitos, dunha historia que a priori coñece, ao principio do tebeo. Así veremos como se van desenvolvendo tódalas situacións cara atrás ata, supoñemos, o principio do desastre.

Autobiografía, ensaio crítico, periodismo de investigación… unha historia de interéses politicos e manipulación mediática na que ninguén está exento de culpa. Nin sequera ti. Ti que coma min esqueciches que o mar está enfermo, e agora as vosas conciencias máis tranquilas e o noso corazón baleiro.

Iván Serrano

 

 

Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2009/08/10/a-conta-atras-1-de-carlos-portela-y-sergi-sanjulian/trackback/

0 comentarios.

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.