Presentación do Fanzine Sinónimos De Lucro
En dura competencia coa ch
arla de Paco Roca en Viñetas o venres día 14 ás 19:00 h. os rapaces de Sinónimos De Lucro son quén de presentar o seu Fanzine recen saído de 48 páxinas Made In Galicia Country, que inclúe dende cómics a ilustracións, pasando por relatos, fichas ou entrevistas.
Para este primeiro número, o dobre cero, cóntase cunha introdución a cargo de Manel Cráneo; entrevistas a Rob Schrab ("Monster House", "O Espectáculo De Sarah Silverman") e Guillermo Carandini (" Que significa underground? "), xunto a unha ficha á debuxante Violeta ("Kiss Comix").
E comezan as seguintes series de cómics:
- Beautiful Dead (David Braña + Fran Freijanes)
- Gañar Unha Guerra (Gabriel Iglesias)
- Escuadrón Defectia (Anxo González)
- Codename: Polo (David Buceta)
Así que se estás interesado, pásate pola Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, situada en Durán Loriga 10 (si, adiviñástelo, na Coruña) o venres 14 ás 19:00 horas e poderás decatarte un pouco máis deste proxecto fanzineroso.
Será acaso o comenzo dun Viñetas paralelo?.