O cómic desde distintas miradas

Fancómic

02-09-2009

As 10 cidades máis impactantes do cómic

Etiquetas: Nota, Noticia

A revista britanica de arquitectura, The Architect’s Journal, acaba de publicar un pequeno artigo no que mostra as dez cidades máis impactantes e influentes do mundo do cómic desde, como é lóxico, unha perspectiva arquitectónica.
 
As cidades escollidas son:
 
1 – Mega City One, a ciudade do xuíz Dredd
O primeiro posto é para o cómic dos guionistas Pat Mills e John Wagner e da man do debuxante Carlos Ezquerra. Totalmente única.
 
2 – O Chicago de Chris Ware
Ware é un apaixoado pola arquitectura - e de feito utiliza os edificios e as seccións a través deles - como un dispositivo de estructuración da narración. Moitas das súas historias establecense en Chicago e nos seus suburbios.
 
3 – O Londres de From Hell
Unha gran cidade imperial na cúspide da modernidade. Obra de arte de Eddie Campbell en From Hell, sempre co xenial guión de Alan Moore.
 
4 – O New York de Daredevil
A mediados dos anos oitenta, o escritor Frank Miller e o artista Dave Mazzucelli crearon unha visión infernal de Nova York.
 
5 – A ciudade de The long tomorrow, de Moebius
Apareceu por primeira vez na revista francesa Metal Hurlant, Moebius está considerado como un dos máis grandes na representación espacial na banda deseñada.
 
6 – Gotham City
A arquitectura da cidade de Gotham é unha personaxe central.
 
7 – Urbicand
Schuiten naceu nunha familia de arquitectos formados en Bruxelas e a personaxe principal desta obra tamén é arquitecto.
 
8 – Metrópolis
Grant Morrison y Frank Quitely presentanos unha metrópoli utópica.
 
9 – A ciudade Inca de Tintín
En varios libros Hergé explorará as cidades de América do Sur.
 
10 – Radiant City, de Mr.X
Míster X é un dos creadores da cidade, que regresou do exilio para reparala, e vai facelo contra un goberno corrupto.
 
Ben, agora gustaríame coñecer a vosa opinión sobre a selección. Dende logo, salta á vista que non hai ningunha referencia ao manga. ¿Que cidades no mundo do cómic votades en falta ou que son dignas de mención?

3 Comentarios »

O URI para referenciar esta entrada é: http://bijcomic.blogsome.com/2009/09/02/as-10-cidades-mais-impactantes-do-comic/trackback/

  1. http://www.andylogam.com/Pictures/Maps/map_gotham.jpg Plano de Gothan para que no os perdais, que con lo despistados que sois seguro que apareceis en el Manicomio de Arkhan.

    Comment enviado por: Sahib — 04-09-2009 @ 17:26

  2. Mola el mapa! A cambio te paso este enlace, así ya tienes la sudadera y … el diploma de la facultad de Miskatonic (por cierto, se sale el icono de la sudadera, si es la que he visto es bestial, una pena que sólo lo entendamos los iniciados… )
    http://usminc.org/IMAGES/miskatonic.gif

    Comment enviado por: Fátima — 07-09-2009 @ 12:43

  3. Huy gracias por fin tengo el diploma.

    Mi sudadera es la de la expedicion a las montañas de la locura: http://www.cthulhulives.org/store/store.lasso?1=product&2=126
    Y acabo de ver que han sacado la de la orden de Dagon, la cual me esta empezando a tentar…………….A la vuelta de vacaciones, jijiji

    Comment enviado por: Sahib — 10-09-2009 @ 14:35

Te toca

Tu comentario tardará un poco en aparecer pero si no es ofensivo acabará publicándose.

Por favor, escribe estos números para evitar spam.