21 Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
O salón máis clásico de Galicia volve este ano na súa 21ª edición do 1 ao 18 de outubro. As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, tan vencelladas a este blog, presentan este ano 2009 un moi interesante programa:
- Sobras maestras, de Miguel Brieva: colaboracións no El Jueves, El País ou Rolling Stone
- Juanjo Sáez: autor de BD, publicista e ilustrador
- Cuaderno de tormentas, de David Rubín: Orixinais do último libro de David Rubín
- Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2008: Exposición do certame organizado polo Instituto de la Juventud
- Fanzine Enfermo: premiado no Salón de Barcelona no 2008
- All-Girlz: novas ilustradoras e guionistas portuguesas de banda deseñada
- GZcrea Banda Deseñada 2009: Obras gañadoras da edición deste ano do concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia,
- Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008: repaso á obra dos autores gañadores dos concursos máis relevantes en Galicia.
- Miña terra galega: oito autores galegos, reflexionando acerca dos tópicos relacionados con Galicia.
- Cinema e BD: proxección do filme Vals con Bashir
- Encontro de BD: mesas redondas e charlas cos autores da exposicións
- Lab-Ou: exercicios creativos colectivos para autores de banda deseñada
- Entrega dos premios do Certame«GZcrea 2009» e do Premio Ourense de BD
Aquí tedes os horarios e locais das exposicións e actividades e ademais o fanzine das xornadas.
| As Bibliotecas Municipais da Coruña acada o Premio Ourense a promoción da BD (23-09-2008) | Programa das XX Xornadas de BD de Ourense |