Achegarte: obradoiros de ilustración e banda deseñada para nenos

No marco de Achegarte, a resposta da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña á supresión de Culturgal, vánse celebrar diversos talleres relacionados coa ilustración e a banda deseñada. A feira distribúese polo espazo de Palexco da Coruña e o Kiosko Alfonso durante o fin de semana do 28 ao 29 de novembro. Estas actividades son completamente de balde e están destinadas fundamentalmente a nenos e nenas de distintos segmentos de idade. Os encargados destes talleres son vellos coñecidos por estes lares: Polaquia, AGAPI, Xosé Tomás, etc.