¡Moi pronto a nova sección de Fancómic sobre cociña manga!

Fancómic

27-06-2008

Carlos Portela

 Carlos Portela
Carlos Portela Orjales

Vigo,  1967

Biografía

Máis coñecido polo doutor TNT do Xabarín Club, é un dos guionistas máis coñecido e recoñecido tanto nas nosas costas como no estranxeiro. A súa obra é moi prolífica polo que os seus guións están dispersos en númerosos campos das artes (en Banda Deseñada, fanzines, diarios, revistas, libros sobre BD, peliculas, programas de TV e radio, series…). Ademáis de ser un acérrimo defensor da novena arte (queda patente en case todo o que fai) e director de desenvolvemento de Voz audiovisual, é o subdirector  (o director é Miguelanxo Prado) desde hai 10 anos do evento comiquil máis importante deste lado da península "Viñetas desde o Atlántico".

Comezou a súa andaina como analista de BD en 1983 ao crear a sección de crítica "Nomofan" do recén nado fanzine (do que tamén foi fundador) "Interlinea". Tres anos despois lanza en Radio ECCA o programa sobre cómic "Arte Alfa". Na TV foi guionista e presentador do Xabarín Club como O Doutor TNT. Xa como guionista fixo a aclamada serie "Impresiones de la Isla" xunto a Kohell, serie coa que obtiveron tres nominacións no Salón de Barcelona. Son obras súas a serie de comic-books con estilo manga "Kami Seeds", "Vox Populi", as tiras semanais "Forest Hill" e "Guinsy" -que chegaría a ser diaria- para o Diario da súa vila (o Atlántico Diario) e a segunda etapa de "Gorka". Entre 1995 e 2000 publicou a serie "O labirinto de pedra" no magazine "Compostelán" xunto a  F. Iglesias co que participou tamén na antoloxía internacional "Comix2000". Colaborou con publicacións para "Krazy Comics", "Totem", “Coiote” "Frente Comixario", “H20il”, “Elipse”, “Dos Veces Breve”, “Urich” “Nosotros Somos Los Muertos” e "El País”. Con Santiago Sequeiros viu a luz algún guión seu para o álbum "La Mala Pena".

Actualmente: traballa para o mercado francobelga coa serie "Los Heresiarcas", con debuxos de Das Pastoras, publicada en EEUU baixo o nome "Deicide" por DC cómics. Bate récord de vendas na editorial Glénat recuperando o personaxe de "Esther" con “Las nuevas aventuras de Esther” do que xa van dous número ilustrados por Purita Campos. Participa na segunda etapa da revista BD Banda recuperando a personaxe de “Peter Schlemihl” facendo tándem con Kohell. Hai pouco viu a luz a novela gráfica  “A Conta Atrás” (ilustrada por Sergi Sanjulián) baseada nun guión seu feito para serie de TV que trata sobre a desastre do Prestige.  


Premios
  • Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1991 da Casa da Xuventude de Ourense por "O voo da cometa", xunto con Fernando Iglesias, historia baseada nun relato de Ray Bradbury.
  • Premio da Xunta por "Nosotros" realizada con deseños de Víctor Rivas.

Obras:

2008 - Las Nuevas Aventuras de Esther II; Ilustracións Purita Campos. Glénat.
2007 - Las Nuevas Aventuras de Esther; Ilustracións Purita Campos. Glénat.
2007 - La sombra de Peter Schlemihl; Ilustracións Fernando Iglesias. BD Banda
2007 - La cuenta atrás; Ilustracións de Sergi Sanjulián. Factoria K
2006 - Los Heresiarcas II; ilustracións Das Pastoras. Humanoides Associës e DC Comics (para EEUU)
2004 - Los Heresiarcas I; ilustracións Das Pastoras. Humanoides Associës e DC Comics (para EEUU)
2003 - H20il; VV/AA Ilustracións de San Julián. Colectivo Chapapote.
2000 e 1995 - Kami seeds, ilustracións de Victor Rivas e Fernando Iglesias. Camaleón Ediciones.
2000 - Comix2000; VV/AA, ilustracións de Kohell. L´Association
1998 - O Labirinto de Pedra; Ilustracións de Kohell.
1998 - Gorka; Ilustracións Sergi San Julián. Planeta
1997 e 1992 - Vox Pópuli; ilustracións Víctor Rivas. Atlántico Diario.
1993 - Impresiones de la Isla; Ilustracións Fernando Iglesias (Kohell). Camaleón Ediciones.
1988 - Forest Hill; Ilustracións de Norberto Fernández. Atlántico Diario.
1988 - Guinsy; ilustracións Víctor Rivas. Atlántico Diario.

Audiovisuais nos que participou como guionista:

2007 - PADRE CASARES. Teleserie
2007 - OLLOS DE AUGA. Telefime (Pendente de producción).
2006 - SEN CHUMBO. Curtametraxe
2006 - HISTORIAS DE GALICIA. Serie documental
2006 - A CONTA ATRÁS. Longametraxe (Pendente de producción).
2005 - HOTEL TIVOLI. Longametraxe
2005 - MARIDOS E MULLERES. Teleserie
2005 - CUARTO SEN ASCENSOR. Teleserie
2005 - ESCOLA DE PANTASMAS. Longametraxe (Pendente de producción).
2005-2000 - RÍAS BAIXAS. Teleserie
2003 - O ANO DA CARRACHA. Longametraxe
2003 - AS FASES DA LÚA. Longametraxe (Pendente de producción).
2002 - ENTRE BATEAS. Telefilme
2001 - GALICIA EXPRESS. Teleserie
2000 - CHUNDA CHUNDA. Docuserie
2000 - FÓRA DE LUGAR. TV movies

Audiovisuais como director de desenvolvemento:

2008 - MEMORIA DO FERRO. Longametraxe.
2008 - MADE IN GALICIA. Docuserie.

16-04-2008

Xulio Das Pastoras

Xulio Das PastorasXulio Martínez Pérez
Santa Uxía da Ribeira (A Coruña), 1956

Biografía
Baixo o alcume de “Das Pastoras” (Nome polo que eran coñecidos os da súa casa "os das Pastoras") atopase un dos mellores, e menos recoñecido, debuxantes galegos de tódolos tempos, Xulio Martínez Pérez.

Afincado dende principios dos 80 en Barcelona comeza a súa andadura na Banda Deseñada en 1981 a través do fanzine "Zero Cómics", no que tamén participaba xente como Pasqual Ferry, Miguelanxo Prado ou Jose María Beroy, que destacan del a súa paixón (e inspiración) por Moebius, así como o dominio apabullante do debuxo e da cor coa que crea un “Universo persoal e surruealistamente realista” .

Dous anos máis tarde aparece publicado o seu primeiro traballo profesional na revista “El Víbora”,  ademáis de entrar en “Toutain” onde colabora coas prestixiosas revistas “Comix Internacional” e “Zona 84”. Nesta editorial firma as series “El futuro nuestro de cada día” con Narcís Fradera ao guión e “Guerreros” obra na que tamén é guionista. Máis adiante sairán a luz “Puzzle” , con guión de Xavier Roca para a revista “Más Madera” en 1986; “Canal 44”,  para a revista “El Víbora”; e Augurio, con guión de Felipe Borrallo para “Makoki” e “Splatter”. Máis adiante realiza traballos para “Madriz”, “H Dios O” , a revista de Norma Editorial “Cimoc”, “1984”… ademáis de ilustrar caratulas de álbumes como: El patio trasero (1987, Ed. Saco Roto),  Pop Español (1991, Ed. Casset) e na mostra internacional que da nome a un álbúm recopilatorio La historia del Blues (2000, Undercomic). Este último proxecto de Siniestro Total xurdiu en boa parte grazas á adaptación que Das Pastoras fixera dunha canción do grupo no álbum colectivo "Pop Español"
 
En 1991 “El Jueves” edita, dentro da súa colección Titanic, o seu primeiro álbum, titulado “Das Pastoras”, recompilando parte da súa producción realizada ata ese intre. A mesma revista acolle un ano máis tarde a súa obra máis popular, Kafre, con guión de Enrique Sánchez Abulí, que se prolonga ata o 98. Ese traballo será tamén recompilado póstumamente en  tres álbumes da colección “Pendones del Humor”. Ese mesmo ano e tamén para a revista máis polémica do Estado, Das Pastoras comeza unha serie de chistes en cor e a toda páxina, “El humor de Das Pastoras”, que tamén sairá no suplemento dominical do diario “El Mundo”. Todo este traballo agora está disponible gracias a editorial “Sins Entido” que con “Ustedes Perdonen I-II”(2001), recolle todas esas pequenas obras de arte en dous volumes.
 
Dende 2002 e con Carlos Portela (o doutor TNT) aos guións, traballa para o mercado francobelga (Les Humanoides Associés) coa serie "Los Heresiarcas". Unha serie de corte fantástica que nas nosas costas foi publicada por Norma en 2004, nese mesmo ano a obra é publicada en EEUU baixo o selo DC co nome de "Deicide". Deste título obtiveron unha contribución apócrifa na nova etapa da revista "Metal Hurlant", ademais da serialización do segundo álbum.

Con guións de Jodorowsky comezou en 2007 a colección de álbumes "Castaka” que pretende ser un novo ciclo da archiconocida obra “La Casta de los Metabarones” (realizada polo propio Jodorowsky con ilustracións de Juan Giménez). Esta obra lévanos ao principio da historia da “Casta”, xa que a personaxe principal do primeiro número (que tamén da título ao libro “Dayal: El primer ancestro”) “Dayal” convertirase en “Dayal de Castaka” o primeiro membro da dinastía dos Metabarones.

Obras:
2008 – Castaka 1: Dayal el primer ancestro”; Guión de Alejandro Jodoroswky. Norma Editorial
2006 – El cómic de la democracia española 1975 – 2005/06. VV/AA.
2006 – Los Heresiarcas 2: Los caminos invisibles; Guión de Carlos Portela. Norma Editorial
2004 – Los Heresiarcas 1: El alma hueca; Guión de Carlos Portela. Norma Editorial
2001 – Ustedes Perdonen I-II. Ediciones Sins Entido.
1998 – 1991 – “Kafre”; guión de Enrique Sánchez Abulí. Ediciones “El Jueves”
1991 – Das Pastoras. Edicións EL Jueves.
1986 – Puzzle; guión de Xavier Roca para a revista “Más Madera”. Editorial Brugera
1986 – Canal 44; para a revista “El víbora”. Edicións “La cúpula”
1983 – Zona 84. VV/AA. Toutain
1983 – Comix Internacional; VV/AA. Toutain
1983 – El víbora; VV/AA. Edicións “Lá cúpula”
1981 – Zero Cómics; VV/AA.

05-03-2008

Antonio Seijas Cruz

Ares (A Coruña) 1976 Antonio Seijas
Enderezo electrónico
Páxina web 1
Páxina web 2

Biografía

Antonio Seijas é un traballador incansable do espacio e do Ciberespacio. Os seus estudos de “histeria” da Arte, xa nos daban unha mostra do que sería o seu futuro. Un futuro desacougante plasmado nunhas ilustracións que se asemellan á obra de Miguelanxo Prado (sobre toda na precisión dos lápices e no uso da cor) mezclada coas portadas de Dave McKean (e a súa visión surrealista da humanidade). Un futuro prolífico e polifacético, no que usou tódolos ases que tiña na manga para:
  • Colaborar coa revista de BD Golfiño, que alá polo 2003 editaba “La Voz de Galicia”.
  • Levar ilustrando xa case 5 anos a revista Murguía.
  • Facer as ilustracións do libro "Dos avogados e da xustiza, no sentir popular" de Alberto Pascual.
  • Participar no libro homenaxe a Joan Manuel Serrat (de edición de exemplar único).
  • Facer tiras cómicas para a revista infantil “Iguana”.
  • Realizar o arte gráfico e artístico para os albumes "Firebird"e “Night” do grupo noruego Gazpacho.
  • Facer ilustracións para a revista “Más Allá”.
  • Facer ilustracións para calendarios dos anos 2007 e 2008.
  • Manter as actualizacións case diarias da súa páxina web e myspace.
  • Ter un clube de fans via Internet.

Estudos

  • Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1998).
  • Curso de Conservación do Patrimonio, na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago de Compostela).

Exposicións

  • 2006: Páxinas de BD expostas na “Exposição Trinacional da Nona Arte”, xunto con obras de autores como Carlos Trillo, Eloar Guazzelli, Tute, Crist, Munuera, Hugo Pratt, Hector G. Oesterheld, Ángel de la Calle, Miguelanxo Prado, Enric Romero e Marc Bernabé, Vanna Vinci, Staino. São Vicente (Brasil)
  • 2006: Exposición nas “XVIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense” do comic gañador do II certamen Castelao.
  • 2005: “Can de palleiro”. Exposición itinerante organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) que xira en torno ao noso can con denominación de orixe.
  • 2005: Exposición da obra “Un home feliz” no salón do cómic “Viñetas desde o Atlántico” de A Coruña.
  • 2005: Dous cómics expostos en la XVII edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.
  • 2003 – 200?: Obras para a exposición itinerante “Humor Crú” que desde o Museo do Humor de Fene está a percorrer diversas cidades galegas e do resto de España.
  • 2003: Obra para a exposición “Convivindo con José Craveirinha” en homenaxe ao poeta Craveirinha. Maputo (Mozambique).
  • 2003: Obras expostas para a mostra “Memoria do Humor” do Museo do Humor de Fene, relacionada có "Congreso da memoria: a represión franquista en Galicia".

Premios

  • 2006 - 3º Premio en el concurso de cómic “Mari Puri Express” del ayuntamiento de Torrejón de Ardoz
  • 2006 - Gañador do Segundo certame de Banda deseñada Castelao por “Un home feliz”.
  • 2005 - 2º Premio no concurso de BD “O Alfaiate-Empuje.net”, A Coruña.
  • 2005 - 1º Premio no concurso de cómic “Ciudad de Dos Hermanas” (Sevilla).
  • 2005 - 3º Premio no concurso de cómic “Mari Puri Express” do concello de Torrejón de Ardoz.
  • 2005 - 2º Premio no X Certame de banda deseñada de Arteixo.
  • 2005 - Gañador do Primeiro certame de Relatos Curtos Ilustrados, organizado por Espacio Sins Entido - Escola De Letras.
  • 2005 - 2º Premio do “Certamen Volvo Ocean Race” na modalidade de cómic.
  • 2005 - Finalista do Primeiro certame de Banda Deseñada Castelao organizado pola Deputación da Coruña e Miguelanxo Prado.
  • 2005 - Finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia “Na Vangarda”.
  • 2004 - Accésit no concurso de BD "O Alfaiate", A Coruña.
  • 2004 - Premiado no VII Concurso de Caricaturistas Noveis dentro da VII Bienal de Caricatura de Ourense.
  • 2004 - Finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia “Na Vangarda”
  • 2004 - Accésit no VII Concurso de Cómic "Alcazul Tomelloso".
  • 1994 - 2º Premio no concurso de cómic da revista cultural ferrolá "Desafío".

Obras

  • 2007: Portada do libro de Xosé Miranda “As Mans do Medo”
  • 2006: Tiras cómicas para a revista infantil “IGUANA”. (Arizona, Estados Unidos).
  • 2006: Catálogo “Viñetas desde o Atlántico"
  • 2006: Fanzine de las "XVIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense"
  • 2005: Tiras cómicas para a revista infantil “IGUANA”. (Arizona, Estados Unidos).
  • 2005: Libro homenaje a Joan Manuel Serrat de edición de ejemplar único, con otros autores como Forges, Cels Piñol, Xaquín Marín, Gogue, Tonisavski…
  • 2004 – 200?: Ilustrador de la revista galega de historia ”Murguía”
  • 2004: Catálogo de la VII Bienal da Caricatura de Ourense..
  • 2004: Ilustraciones para o libro :D os avogados e da xustiza, no sentir popular de Alberto Pascual. Editado por el Colegio de Abogados de Ourense.
  • 2004: Catálogo “Na Vangarda-Banda Deseñada” Editado pola Xunta de Galicia..
  • 2003: Diversos encargos para a revista de comic "GOLFIÑO" editada por "La Voz de Galicia»..
  • Portadas para os libros "Cartas de Inverno","Barrotes dourados" e "Investigación 091".
  • Deseño gráfico e artistico para os discos, do grupo noruego “Gazpacho”, “Firebird” e "Night ".
  • Deseños gráficos e artísticos para grupos e discográficas como Marillion, Vib Gyor, Flux Minor, Up Stairs, Discanto, 50Hz, Tim Cheatle, Donovan Discs, etc
  • Ilustracións para a revista “Más Allá ”

04-09-2007

Carlos Vermut

Etiquetas: Biografía

Carlos VermutMadrid, 1980
Enderezo electronico: carlos@carlosvermut.com
Páxina web: http://www.carlosvermut.com
Blog: http://ombligopolis.blogspot.com/

Carlos López del Rey é perante todo un viaxeiro. Un viaxeiro cósmico que gosta de recrearse en situacións inverosimiles, paisaxes olvidadas, civilizacións perdidas e contos que sempre foron contados pero nunca retratados. Este “Dr. Banner”, amante do descoñecido, transformase nun ser verde de máis de dous metros de alto por catro de ancho cando, cun lápiz na man, intenta recrear todos eses viaxes nun papel, converténdose no “increíble” Carlos Vermut. Con esta personalidade, da que non se puido desprender dende que ten uso de razón, Carlos ingresa na “Escuela de Arte 10” de Madrid para nunca deixar de soñar.  

Entre soño e realidade, tenta compaxinar  con éxito os seus estudos coa súa afección/paixón, os cómics. Publicando estes en diferentes formatos, a modo de Fanzine en “Frenzy”, “Cabezabajo”, “Lunático” e hai uns días en Barsowia; en revistas: “¡Dibus!”, “El Manglar”, "Dos veces Breve", “Bd Banda”; a modo de obra curta “Mighty Sixties”… Aínda que tamén posúe unha longametraxe “El banyan rojo”, obra que ademáis de valerlle para gañar o premio Injuve de cómic 2006, animou a unha morea de ilustradores a crear un blog no que se poden ver diferentes ilustracións versionando a obra, da que incluso fixeron un clip animado.

Ademáis dos cómics, Carlos voou como ilustrador colaborando en publicacións como MAN ou El Mundo, en campañas de publicidade para Mahou, Blockbuster ou John Smith, e como debuxante de animación en Zinkia Entertainment. Actualemente segue a viaxar por mundos descoñecidos para mostrar o encanto virxinal desas terras, aínda que tamén se deixa ver por terras máis corruptas, como poden ser o ciberespacio e máis os blogsfera, nas que aterrou recentemente para maldicir a todos aqueles que non o coñecen.

Estudos:

Licenciado na Escola de Artes e Oficios Nº 10 de Madrid.

Nominacións:

2007 - Mellor obra “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
2007 - Mellor guión “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
2007 - Mellor debuxo “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”
2007 - Autor revelación “Saló del comic de Barcelona” por “El Banyán Rojo”

Premios:

2006 - Premio Injuve de cómic pola obra “El banyán rojo”

Obras:

  • 2007 - Barsowia 10. VV/AA. Polaqia.
  • 2007 - ROM. Incluído na revista “El Manglar”. VV/AA. Dibbuks.
  • 2007 - Los demonios de la fiesta de fin de año (adaptación dun conto tradicional xaponés para a revista “Dos Veces Breve.”). VV/AA.  Ariadna Editorial
  • 2007 - Tommy Oregón. Colaboración mensual para a revista Xuvenil “¡Dibus!”. VV/AA. Norma Editorial.
  • 2007 - Doble sesión. Incluído na revista “El Manglar” (publicado orixinalmente no catálogo de cómic e ilustración Injuve 2006). VV/AA. Dibbuks.
  • 2006 - El banyán rojo. Dibbuks.
  • 2003 - YO. Autoedición.
  • 2001 - Mighty sixties. Guión Pedro Belushi. Amaniaco ediciones
  • 2000 - K de kalimotxo. VV/AA. Autoedición
  • 1997 - Limbus. VV/AA. Autoedición

17-07-2007

Manel Cráneo

Manel Cráneo

Manel Cráneo
A Coruña, 1973
www.manelcraneo.com
manelcraneo@yahoo.es

Biografía
Tras o nome de Manel Cráneo, atopasé un dos debuxantes e guionistas de banda deseñada máis importante e a vez máis inquedo da escea galega. Ademáis de ser o Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), este todo-terreo das viñetas, é o coordinador xeral do Colectivo Chapapote (xurdido para expresar as inquedanzas que sairon a flote tras o desastre do Prestige), e foi o director e coordinador xeral da exposición: El cómic en la escuela…, na que tamén  participou Miguelanxo Prado como comisario.
A súa actividade non se queda só niso, xa que a súa ampla actividade como ilustrador e guionista levouno a traballar para: axencias de publicidade (IMAXE INTERMEDIA, OCCIDENTAL COMUNICACIÓN, GALICIA COMUNICACIÓN), editoriais (EDICIONS XERAIS DE GALICIA, TREBELLAR COMUNICACIÓN), periódicos e revistas (LA VOZ DE GALICIA, INTEREA VISUAL), produtoras cinematográficas (IJV PRODUCCIONES, PORTOZÁS VISIÓN, CONTINENTAL PRODUCCIONES), discograficas (DISCOS DRO), etc. Abarcando e explorando así, diferentes campos da ilustración como poden ser: a ilustración editorial, o cómic, o deseño gráfico, deseño e realización de escenografías teatrais, storyboards (EL LÁPIZ DE CARPINTERO), curtametraxes (“A TI COMO SE CHE DI ADEUS”), animación (a serie “O CARRABOUXO”, “LADRONS DE CADÁVERES VS KLU-KLUX-KLAN”), o humor gráfico, o cartelismo, campañas publicitarias (ESTRELLA GALICIA, R, XUNTA DE GALICIA, DEPORTIVO DE LA CORUÑA, RADIO VOZ… ), o deseño de mascotas, os debuxos animados…
Pero sen dúbida a súa verdadeira paixón (xunto a de tocar a guitarra nun dos mellores grupos de Punk Rock que deron as nosas costas; ERROR!) son os cómics, dos que se declara un autor autodidacta, a pesar de que a súa actividade levouno a promover e a traballar, dende mediados dos 90 ata hoxe,  para numerosísimos fanzines e revistas. "Ovo", "Costra de Postre", "Os rústicos da guadaña", "Craneografía", "Craneofilia", “Lixo”, "Golfiño" (ilustrando a serie "A fraga Milmañas" guionizada por Carlos Amil), “Caña” (Revista oficial de “Estrella Galicia”), "H2oil", "BD Banda" e "Barsowia" son unha clara mostra do prolífica que é a súa paixón, sen mencionar “Dámsmitt”, a súa mellor obra ata o de agora.
Xa para rematar, cabe dicir que Manel leva nas súas costas máis de 60 cursos, obradoiros e charlas sobre BD, colaborando activamente nos Salóns do Cómic de GETXO, de BARCELONA, de GRANADA, da CORUÑA, nas Xornadas de BD de Ourense, nas Semanas de BD itinerantes (que recorreu unha morea de concellos galegos e obtivo o apoio da XUNTA DE GALICIA), nas bibliotecas públicas, en diversos centros de ensino e nalgunhas asociacións culturais.

Formación
Cursou estudos de Deseño Gráfico na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña.

Premios
2006: "Dámsmitt” se atopa entre os dez mellores cómics españois do 2006 segundo a selección da revista Mondosonoro.
2002: 4º premio do III Certame Galego de Imaxe Artística (categoría 23-30 anos), pola historia "Miña lúa".
1998: 1º premio no concurso de BD sobre Federico García Lorca. Granada.
1997: 3º premio no XIII Concurso Galego de BD.
1996: 4º premio no XII Concurso Galego de BD pola historia "Centro Psiquiátrico Xudas Iscariote”.
1995: Accésit  no XI Concurso Galego de BD por "Muller na estrada".
1994: Accésit no IV Certame Ourense de BD por "Rosario".
1993: Accésit no III Certame Ourense de BD por "O párroco de Algures".

Obras
2006. Damsmitt; guión de Kike Benlloch, Dibbuks
2004 – 2007. Caña; VV/AA, Estrella Galicia
2003. H2Hoil; VV/AA, Colectivo chapapote
2003 – 2006. Barsowia (2,4 e 8) ; VV/AA, Polaqia
2001 – 2004. BD banda; VV/AA
2000-2003. Golfiño; VV/AA, La voz de Galicia
1998. Craneofilia; VV/AA, fanzine.
1997. Os rústicos da Guadaña; guión e ilustracións, fanzine.
1997. OVO; VV/AA, fanzine.
1997. Merienda de locos; VV/AA, fanzine.
1996. Costra de Postre; VV/AA, fanzine.
1996. Kedeké; VV/AA, fanzine
1996. La carallada; VV/AA, revista.
1996. Macabro; VV/AA, fanzine
1995. Craneografía; guión e ilustracións
1994. O fanzine das xornadas;
1994. Nicasso; VV/AA, fanzine.
Lixo; VV/AA, fanzine.

02-07-2007

Alberto Vázquez

Alberto VázquezAlberto Vázquez Rico
A Coruña , 1980   
Web: http://www.albertovazquez.net
Blog: http://Alberto-vazquez.blospot.com
Enderezo electrónico: albertovrico@hotmail.com

Biografía
A pesar de iniciarse tardíamente na Banda Deseñada, Alberto é un dos ilustradores galegos que acadou máis premios e recoñecementos a nivel nacional. Iniciouse na BD en 2001 e foi daquela cofundador do selo Polaqia. Rápidamente abriuse un oco entre tódolos ilustradores/guionistas cos que conviviu colaborando no fanzine "Sintoteca" e ilustrando un cómic guionizado por Kike Benlloch para o álbum colectivo "Mmmh!!" (Polaqia, 2001). Iniciouse co guión, ademáis de facer as ilustracións, coa obra "Alter ego" (Polaqia, 2002), para despois volver a asinar con Benlloch a obra de carácter intimista "Freda" (De Ponent, 2003), álbum ambientado na emigración galega (aínda que en realidade trata da emigración en xeral) que recibiu, entre as tantas boas críticas, o agasallo de ser seleccionado para formar parte da exposición itinerante White Ravens 2004. A súa obra máis ambiciosa ata o momento é “Psiconautas” (Astiberri, 2006) coa que demostra unha enorme madurez  no trazo e na maneira de narrar (tanto a nivel ilustrativo como de texto), cun estilo, tan persoal como macabro, que lle valeu varias nominacións para os Salóns de Barcelona e Madrid. Actualmente reside na cidade Condal dende onde dirixia o recentemente desaparecido “Fanzine enfermo”, ademáis de colaborar nun sinfín de publicacións entre as que se atopan: “Nosotros Somos Los Muertos”, “Stripburger”, “Pictoplasma”, “Rolling Stone”, “TOS”, “Dos veces breve”, “Garabatagge”, “Squiffo”, “Gas butano”, “Warriors”, “Plug-in”, “Trauma”, etc.

Formación
Licenciado en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia.
Ciclo superior de escultura na Escola Pablo Picasso
Ciclo superior de ilustración en “La Massana” (Barcelona)

Becas

  • 2005. Beca de perfeccionamento artístico do Concello de A Coruña.
  • 2004. Beca de perfeccionamento artístico do Concello de A Coruña.
  • 2002. Beca INJUVE.
  • 2002. Bolsa de compra artífice de pintura, Concello de Loja (Granada).

Nominacións
  • 2007. Nominado como mellor autor revelación nos premios do Salón de Cómic de Barcelona por “Psiconautas".
  • 2007. Nominado como mellor debuxo nos premios do Salón de Cómic de Barcelona por “Psiconautas".
  • 2006. Nominado como mellor autor revelación nos premios do Salón de Cómic de Madrid por “Psiconautas".
  • 2006. Finalista Expocómic
  • 2004. Nominado como mellor autor novel nos premios do Salón de Cómic de Barcelona por “Freda".

Premios
  • 2007. Primeiro Premio “Pura e Dora Vázquez” de Ilustración.
  • 2006. Terceiro premio GZCREA 2006 - modalidade Banda Deseñada.
  • 2005. Segundo premio Xóvenes na vangarda.
  • 2005. Segundo premio cómic Concello de Portugalete.
  • 2005. Premio deseño gràfico “Ciudad de las artes y las ciencias de Valencia”.
  • 2004. Primeiro premio nacional “Valencia crea”.
  • 2004. Primeiro premio cómic Concello de Portugalete.
  • 2004. Segundo Premio Xóvenes na Vangarda de Galicia.
  • 2004. O cómic "Freda" foi seleccionado pola prestixiosa Internationale Jugend Bibliothek “www.ijb.de” para o catálogo e exposición itinerante White Ravens 2004. Neste catálogo se escollen, cada ano, os 250 mellores libros editados en todo o mundo. A selección faise entre as miles de propostas recibidas dos cincuenta paises participantes.
  • 2003. Primeiro premio certame “Valencia crea cómic.
  • 2003. Primeiro premio “Asociación gay/lesbiana Lambda”.
  • 2003. Premio deseño gráfico “Ciudad de las artes y las ciencias de Valencia”.
  • 2003. Segundo premio cómic Concello de Ourense.
  • 2002. Primeiro premio certame “Valencia crea cómic”.
  • 2002. Premio deseño gráfico “Ciudad de las artes y las ciencias de Valencia”.
  • 2002. Primeiro premio mellor Representación Plástica Concello de Alicante.
  • 2002. Segundo premio III Certame de Imaxe Artística Xuventude Ourense (Modalidade BD).
  • 2002. Segundo premio Culturagalega/Banda Deseñada.
  • 2002. Accésit INJUVE de ilustración.
  • 2001. Terceiro premio INJUVE de cómic e ilustración.
  • 2001. Primeiro premio Concello de Pontevedra.
  • 2001. Primeiro Premio novos creadores de Madrid cómic.
  • 2001. Terceiro premio cómic Concello de ourense.

Obras
  • 2007. Nosotros somos los muertos nº15; VV/AA. Gráfica Radiante
  • 2006. Psiconautas. Astiberri.
  • 2005. Stripburger nº40; VV/AA.
  • 2004. Dos veces breve nº4; VV/AA. Ariadna Editorial
  • 2003. H2Oil; VV/AA, Colectivo chapapote
  • 2002-2007. TOS; VV/AA. Astiberri.
  • 2002. Alter Ego. Polaqia.
  • 2002. The Warriors; Con Jano e Brais Rodríguez, Polaqia.
  • 2001. Mmmh!!. VV/AA. Polaqia.
  • 2001. Sintoteca; VV/AA. Polaqia
  • 2000-2007. Fanzine enfermo (Nº1 ata 8) ; VV/AA.
  • Garabattage; VV/AA. Doble Dosis.

20-06-2007

Kike Benlloch

Kike BenllochJosé Enrique Benlloch Castiñeira
A Coruña,  1974   
Páxina web

Biografía:

Se algo se pode dicir de Kike Benlloch é que a súa maiorpaixón son as letras. De feito o seu curriculo fala por si só. É ou foi escritor, guionista e redactor para medios tan dispares, e a vez tan afins como: televisión (Xabarín club, TVG), cine (Vía Láctea filmes, Vigo), videoxogos (Imaxín Software, Santiago), radio (Cadena Ser – Radio Coruña), prensa escrita (Planeta de Agostini, Undercómic), prensa electrónica e Internet (Bravu.net, Elfoco.com, synapsis webzine), e, como non, na Banda Deseñada. Ademáis é productor da páxina web culturagalega.org (o portal do Consello da Cultura Galega), membro fundador do colectivo Polaqia (do cal coordina a revista Barsowia), director dos tomos “H2oil”, álbum de BD realizado polo “Colectivo Chapapote” (www.chapapote.org), e “Barsowia en llamas” (Dolmen), e tamén, presidente da asociación Funcómic de A Coruña. Comezou a súa andaina profesional con "Nieve Negra" (Factoría de Ideas, 1999), miniserie de dous números feita conxuntamente con Jano e Adrián López. Unha vez fundada Polaqia, participou no álbum colectivo "Mmmh!!" (2001), colaborando con David Rubín e Alberto Vázquez. Con Alberto Vázquez realizou tamén o álbum "Freda" (De Ponent, 2003), obtendo boas críticas a nivel nacional e Internacional. Estes logros fixeron que Kike colaborase nun sinfín de publicacións, facendo ou escribindo sobre BD: "Buen Provecho" (con Hugo Covelo, Luís Aneiros e Javi Montes), "BD Banda" (con Bernal e Hugo Covelo), "Golfiño" 2ª etapa (con Víctor Rivas), "O fanzine das Xornadas" (con Javi Montes), "Nemo", "Nosotros somos los frikis", "Volumen, Guía del Cómic", son algunhas delas. Pero a súa actividade vai un pouco máis alá ao escribir o seu libro de contos “Longe, tão perto” (Edicións Laiovento/AGAL, 2004) ilustrado con fotografías do autor de cómics Brais Rodríguez. No 2006, firma, ademáis do requetemencionado “Barsowia en llamas”, “Capital” (De ponent) e “Dámsmitt” (Dib-buks). “Capital” é un álbum feito a partir de historias curtas que ten como fío conductor unha cidade ficticia. Cada unha das historias está ilustrada por uha autor diferente, así podemos deleitarnos coas viñetas de Alfonso Vicente Rey “Fonso”, Álvaro López, David Rubín, Diego Blanco, Hugo Covelo, Jandro Xesteira e Sergio Covelo. Pola súa contra “Dámsmitt” está ilustrada por un so debuxante “Manel Cráneo”. Nela conflúen o suspense da novela negra coa crítica social mezclada con fantasía.
Recentemente saíu a venda a novena entrega da revista Barsowia, e xa van nove.
Se queredes saber máis sobre Kike e/ou as súas obras, na súa páxina web atoparedes: Storyboards, humor gráfico, comentarios das súas obras, links a páxinas web, entrevistas, artigos de opinións, audioreportaxes, libros recomendades, temas informáticos…

Premios:

  • "Dámsmitt” se encontra entre os dez mellores cómics españois do 2006 segundo a selección da revista Mondosonoro “www.mondosonoro.com” . 2006
  • 1º premio oficial ao mellor fanzine do 2006 por Barsowia, no Saló del comic de Barcelona . 2006
  • 1º premio do público ao mellor fanzine do 2005 por Barsowia, no Saló del comic de Barcelona . 2005
  • O cómic "Freda" foi seleccionado pola prestixiosa Internationale Jugend Bibliothek “www.ijb.de” para o catálogo e exposición itinerante White Ravens 2004. Neste catálogo se escollen, cada ano, os 250 mellores libros editados en todo o mundo. A selección faise entre as miles de propostas recibidas dos cincuenta paises participantes.

Obras:

  • Barsowia nº9; VV/AA, Polaqia  (2007)
  • Despregable nº 12; VV/AA, Despregable (2007)
  • Entrecruzar, VV/AA, Xunta de Galicia e CGAC (2006)
  • Capital; VV/AA, De ponent (2006)
  • Damsmitt; Ilustracións de Manel Cráneo, Dibbuks (2006)
  • Barsowia en llamas; VV/AA, Dolmen (2006)
  • Esa cousiña negra que levas no peito; Ilustracións de Diego Blanco, Polaqia (2005)
  • Atenea (revista); VV/AA, Ateneo ferrolán (2005)
  • Marzo, en tinta propia; VV/AA, En tinta propia (2004)
  • Longe, tao perto; libro de relatos, AGAL e Laiovento (2204)
  • Barsowia (1 ao 8) ; VV/AA, Polaqia (2003-2006)
  • H2Hoil; VV/AA, Colectivo chapapote (2003)
  • Freda; Ilustraciñons de Alberto Vázquez , De ponent (2003)
  • Artículo 20; VV/AA, Astiberri (2003)
  • Código Cero nº 8; VV/AA, Código Cero (2003)
  • BD banda nº 2,3 e 5; VV/AA (2002-2004)
  • Golfiño (nº 23,26,30,36,41 e 43); VV/AA, La voz de Galicia (2002-2003)
  • Buen Provecho nº 1e 2; Cabezabajo e Balboa (2002)
  • Dynamo; VV/AA, (2002)
  • Leña Verde; VV/AA (2002)
  • Nadal; Ilustracións de Jano, Vieiros (2001)
  • Sintoteca; VV/AA,  (2001)
  • Mmmh; VV/AA, Polaqia (2001)
  • XII Xornadas de BD; VV/AA; casa da Xuventude (2000)
  • Nieve negra 1 e 2;  Deseños de Jano,  La  factoría de ideas (1999-200)

22-05-2007

Centenario del nacimiento de Hergé

Etiquetas: Noticia, Biografía

HergéHoy, 22 de mayo, se cumple el centenario del nacimiento del dibujante y periodista belga Georges Rémi -Hergé-, creador de Tintín.

El personaje 

El personaje de Tintín es conocido en todo el mundo gracias a los veintitres volúmenes de sus aventuras, álbumes que han sido traducidos en cincuenta y cinco lenguas y cuyas ventas superan  la escalofriante barrera de los 230 millones de ejemplares vendidos.Su padre  es el dibujante belga Jorge Remi ( 1907-1983) , más conocido como Hergé, un seudónimo que creó jugando con sus iniciales. Pero ¿cómo fue el alumbramiento de la pelirroja criatura?  Pues de manera muy discreta, un 10 de enero de 1929. Hergé contaba apenas con veintiuna primaveras  cuando  el director del periódico belga El Vigésimo siglo  le confía el suplemento semanal destinado a los jóvenes, Le Petit Vingtième. Es entonces cuando surge el héroe, un intrépido reportero.

Pero Tintín no nace solo, estará compañado de un fox-terrier, Milú, su inseparable compañero. Después completaría su galería de personajes con la aparición del rudo capitán Haddock, el genial y despistado profesor Tornasol, los extravagantes Dupond y Dupont, que en la lengua del Cid  pasaron a ser Hernández y Fernández, la diva Castafiore, el joven Tchang (basado en un hombre real, amigo de Hergé, que lo inicia en la cultura china, alejada de los tópicos de occindente) y, por supuesto, el infame Rastapopoulos, al que podemos asignar el título de “archienemigo”.

Las historias

Regresando al nacimiento del héroe: La primera historieta del reportero es Tintin en el país de los Soviets, que resulta más una sucesión de situaciones cómicas que una trama verdadera. Pero el público responde de manera favorable, y Hergé, asombrado por el éxito, reafirma entonces el perfil social de Tintín, y lo envía al Congo, donde rinde homenaje a los misioneros. Posteriormente viaja a Chicago Tintín en América, reputada capital del crimen organizado, y después, en Los Cigarros del Faraón, se interna en los misterios de las pirámides mientras la sociedad de su época sigue con interés el caso de la maldición de Tutankamon. El Loto azul  transcurre en China, donde conoce al joven Tchang.  La Oreja rota nos arrastra a América del Sur en pos de una reliquia y La Isla negra nos adentra en la mitológica bruma de Escocia. El Cetro de Ottokar hace referencia a los acontecimientos de 1939 en Europa Central, un alegato para la fraternidad donde aparece por primera vez la diva Bianca Castafiore. En el Cangrejo de las Pinzas de Oro Tintín es hecho prisionero y conoce al Capitán Haddock. Después, será testigo de la caída de un fragmento de meteorito en La estrella misteriosa, y buscará un legendario tesoro en “El secreto del unicornio”, que culmina en la obra El tesoro de Rackham el rojo, donde entra “en viñeta” por primera vez el Profesor Tornasol.  Las 7 bolas de cristal  será un tebeo que nos narre la maldición que acarrea una momia inca cuyo nombre está en capicúa, y que desembocará en El templo del sol, una aventura en el Perú más recóndito. El país del oro negro fue un cómic accidentado, no sólo por su argumento (una lucha entre compañías petrolíferas) sino porque estalla la 2ª guerra mundial, y la entrada de las fuerzas alemanas en Bruselas interrumpe la publicación de Le Petit Vingtième, y con él, la historia, que será retomada seis años después.  Objetivo: la luna se publica 19 años antes de la llegada del hombre al satélite, pero no se puede decir que Hergé fuese un visionario, sino un estudioso del tema que se documentó todo lo posible. Aterrizaje en la luna es la continuación de esta epopeya que haría soñar a más de un joven con alunizar en la deslumbrante Selene. El profesor Tornasol recupera protagonismo en El asunto Tornasol, secuestrado tras crear un generador de ultrasonidos. El stock de coke es una prolongación de El país del oro negro, pero esta vez los personajes se ven involucrados en un oscuro asunto de tráfico de armas y esclavos. Tras este sinvivir, Tintín debe ir al Himalaya Tintín en el Tíbet  porque pese a haber recibido la noticia de la muerte de Tchang, el periodista imberbe sueña con él y comprende que está vivo, pero en peligro. Después de este periplo, llega un cómic ambientado en un romántico castillo, donde parece que Bianca y el capitán han sido tocados por Cupido. Pero Las joyas de la Castafiore es más que un tebeo de rumores amorosos, por supuesto…  Como, por supuesto, un Vuelo 714 para Sidney no puede acabar en Australia si viajamos con Tintín. Lo hará en Indonesia, donde aguarda el viejo enemigo del periodista. Tras un descanso de ocho años por parte de Hergé, Tintín reaparece en 1976, conduciendo una motocicleta, y usando vaqueros y casco customizado. Tintín y los pícaros es un retorno al pasado desde el presente, y la Sudamérica de La Oreja rota regresa al son de las pisadas de la guerra. Pel

Películas

Pero no sólo de libros se alimentan las andanzas de Tintín. Sus aventuras también han sido retratadas en dibujos animados, no en vano uno de los títulos más prestados en la Biblioteca Municipal Infantil es  Tintín en el  Lago de los tiburones. También se intentaron adaptar al cine, pero los resultados, sobre todo por falta de medios, fueron decepcionantes.

Aunque esto podría cambiar para bien, porque recientemente acaba de hacerse pública la noticia de que dos de los directores más prestigiosos de Hollywood, como son Steven Spielberg (Parque Jurásico, La guerra de los mundos, Indiana Jones), y Peter Jackson (El señor de los anillos, King Kong), unirán sus fuerzas para dirigir dos de tres películas dedicadas a uno de los reporteros más famoso de todos los tiempos. O al propio Hergé, pues como bien decía:
 Tintin, se hace con todo lo que hay en mí : necesidad de heroísmo, de coraje, de rectitud, de malicia y de habilidad”.

Fátima Elías.

07-03-2007

Colectivo Polaqia

Logo PolaquiaPáxina Web e-mail: polaqia@redegalega.org Tfno: 635 03 11 53

O ano 2001 foi un punto de inflexión para a Banda Deseñada coruñesa. A escasez de editoriais españolas que apostaba polo noveno arte (somentes podíase ver algo editado a través de editoriais foráneas ou auto-editadas), así como o ocaso das publicación de Banda deseñada en galego (Golfiño, Elipse), fan que un grupo de autores, en concreto: Kike Benlloch, Jano, Alberto Vázquez, Bernal e David Rubín; decidan pasar a acción creando o Colectivo Polaqia (nome que provén da serie “Nieve Negra” na que Polaqia era unha editora que publicaba unha estraña colección de Banda Deseñada).  De ahí ven que este colectivo pretenda dar saída a propostas máis experimentais e arriscadas (a única maneira de chegar a un descubrimento é experimentando. De tódolos xeitos teño que dicir que a maior parte dos experimentos non saen ben, agás no caso de Polaqia que é capaz de atopar novas vías de expresión para levar o cómic un pouquiño máis lonxe, abrindolles, deste xeito, o camiño aos que veñen detrás) tanto en formato fanzine como en cómic ao uso. Con esta premisa, os membros fundadores do colectivo comezan a facer historias e a xuntar cartos para botar a andar o seu primeiro proxecto, “Mmmmh”. Un álbum colectivo composto, exclusivamente, por historias curtas, que foi realizado e xestionado en pouco máis de seis meses para poder ser presentado en “Viñetas desde o Atlántico” 2001.

Un ano despois da boa acollida da súa primeira publicación, Polaqia volta outra vez a acción, esta vez, con dous albumes individuais feitos por autores pertencentes ao colectivo: “Alter Ego” (unha obra de carácter intimista na que se reflexiona sobre a soidade do autor) de Alberto Vázquez e “Patricia” (tamén de corte intimista) de Jano. Pouco tempo despois, estes autores deixan o colectivo para emprender proxectos en solitario.

Ata aquí, as cousas non ían mal para os polaqos, pero foi no “Viñetas desde o Atlántico” 2003 onde Polaqia amosou ata onde quería chegar. Apostando fortemente polo fanzine (non se podía chamar doutra forma) Barsowia que, seguindo a proposta de “Mmmmh”, recolle historias curtas de varios autores de Banda Deseñada galegos que están escritas no seu idioma natal, e pola 1ª parte da obra de Emma RíosA prueba de Balas”, un cómic que pertence o xénero Ameri-manga que foi reseñado nesta mesma páxina.

Tanto Barsowia com “APB” acadaron un grande éxito no salón, polo que se editaron, postumamente, sete “Barsowia´s” máis (ademáis dun recopilatorio en castelán “Barsowia en llamas” que contén tamén historias inéditas), nos que aparecen historias orixinais de autores doutras nacionalidades (portugueses, franceses e ata un americano) escritas no noso idiomas, e dúas partes máis de “APB” (Emma estamos agardando ansiosamente o final) que lle valeron a súa autora unha incursión no cómic francés.
Dende este grande salto, Polaqia mudou de cabezas visibles pasando a estar formada por: Kike Benlloch, Brais Rodriguez, Roque Romero, Bernal, Diego Blanco, Serxio Covelo e Hugo Covelo (aínda que se pode dicir que Polaqia son todos os que traballan/traballaron e editan/editaron no colectivo); que, mantendose fieis a súa idea orixinal, continuaron reclutando e traballando con autores, tanto galegos como estranxeiros, para demostrar, unha vez máis, que a Banda Deseñada en Galicia e en galego ten moito que dicir fora das nosas fronteiras.

Premios:

1º Premio do público ao mellor Fanzine do ano no “Saló de Cómic de Barcelona” por Barsowia. 2006

Publicacións:

Barsowia en llamas. VV/AA. Dominó. 2006
Corazón de tormentas. David Rubín. 2006
38”. Álvaro López e Luís Sendón. 2006
Tanque familiar. Diego Blanco, 2006
Barsowia (números 1 ao 8) . VV/AA. 2003-2006
A voz na caixa. Álvaro López. 2005
A Prueba de Balas (números do 1 ao 3). Emma Ríos. 2003-2005
Feliz cumpleaños, May. Álvaro López. 2004
Patricia. Jano (Alejandro Viñuela). 2002
Alter Ego. Alberto Vázquez. 2002
The Warriors. Jano, Alberto Vázquez e Brais Rodríguez. 2002
Mmmh!!. VV/AA. 2001

Todo este chollo é de Iván Serrano 

11-01-2007

Diego Blanco López

Diego Blanco

Nado en Viveiro (Lugo) no 1981
Páxina Web                   e-mail

Formación académica

Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra na especialidade de deseño e audiovisuais.
Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP)

Debuxante de BD e ilustrador de trazo áxil, é un dos grandes talentos novos de Galicia. Foi o primeiro autor en unirse a Polaqia tralos cinco membros fundadores, participando activamente na revista conxunta deste colectivo de autores, a publicación semestral "Barsowia". Participou nos fanzines "Contubernio" (oito números desde 1998), "Pilas Condones y cintas vírgenes", "Sintoteca" e "Carne líquida", "Leña Verde". Colaborou co "Fanzine das Xornadas" (2002). Desenvolve un proxecto chamado "Novenoarte", selo baixo o que publica os seus minicómics ("Patoaventuras" e "Las aventuras de Jesucristo en el Oeste" 1 e 2) tanto en soporte web como en papel. Actualmente traballa no estudo de deseño “Futures” na súa cidade natal.

Premios
Gañou diversos premios a nivel autonómico, como o segundo posto en Cangas´99.
No II Certame Galego de Imaxe Artística - Xuventude 2001, modalidade BD, gañou o 2º premio da categoría de 19 a 22 anos con "Xa chegou o circo".
No III Certame Galego de Imaxe Artística - Xuventude 2002, modalidade BD, gañou o 1º premio da mesma categoría.
No IV Certame Galego de Imaxe Artística – Xuventude 2003, modalidade BD, gañou o 4º Premio da mesma categoría.
Áccesit no certame ilustración do INJUVE 2005. Premio no certame de BD de Portugalete, mellor cómic on line (2005).

Obras
Tanque familiar. Polaqia, 2006
Barsowia en llamas. Dolmen Editorial, (2006) (VV/AA)
Capital, 2006 (Guión de Kike Benlloch)
Esa cousiña que levas no peito. Polaqia. Portada e contraportada. 2005 (Guión Kike Benlloch)
Carne líquida. Fanzine, 2004, 2002(VV/AA)
Leña verde. Fanzine,  2002 (VV/AA)
Dynamo. Fanzine, 2002
H2Oil, 2003 (VV/AA)
Certama de comic de Arteixo, 2001 (VV/AA)
Sintoteca. 2001 (VV/AA)
Contubernio. Fanzine en conxunto con Roque Romero. 1998
O fanzine das xornadas. (VV/AA), 1994
Ilustración e deseño das portadas dos DVD´s “El nunca o faría”. Ed. El Faro, e “La petit Mort”. Adora Filmes.

10-12-2006

Miguelanxo Prado

Autoretrato de Miguelanxo PradoA Coruña, 1958

Formación académica

Cursou estudos de Arquitectura na Universidade da Coruña. 

É indiscutiblemente, o autor máis importante na historia da banda deseñada galega. Comezou na pintura e a finais dos setenta iniciou a súa andaina no cómic, sendo alumno da Escola de Arquitectura. Así, en 1979, con Xan López Domínguez e Fran Jaraba, intenta crear unha revista de banda deseñada galega, Xofre, da que só sairá o primeiro número a modo de fanzine. Colabora logo con distintos estudios de arquitectura, pero en 1982 emprende de novo a aventura do cómic que o levará a instalarse en Barcelona, que era, nese tempo, a capital peninsular da edición da banda deseñada. Alí publica as súas primeiras historietas curtas no fanzine Zero e na revista Cómix Internacional. Tamén aparecen, do ano 82 ao 84, doce historias na revista 1984. Historias que foron recollidas un ano despois no seu primeiro álbum “Fragmentos de la Enciclopedia Délfica”. Comezou así unha dilatada obra centrada no cómic, que primeiro coñece a luz por capítulos nas revistas do xénero (creepy, El jueves…) e logo reúne en álbums (Stratos -1987, Quotidianía delirante I -1988, Manuel Montano. El manantial de la noche -1989, Crónicas incongruentes -1990, Quotidianía delirante II -1990, Páxinas crepusculares (historias inducidas) -1993, Trazo de tiza -1993, Tangencias -1996, Quotidiana delirante III -1996). Foi premiado en diferentes salóns especializados na banda deseñada (Porto, Xenebra, Treviso, Barcelona, Angouleme, etc.) o seu traballo abrangue os diferentes campos do grafismo e a ilustración, desde a pintura e o deseño gráfico ata colaboracións para televisión (Xabarín Club, Os vixilantes do camiño), a prensa (na edición dominical de La Voz de Galicia, nas revistas Luzes de Galiza, Galicia Internacional e a máis recente Tempos…). Chegando a traballar en 1998 para a factoría americana Dreamworks, que lle encomendou o deseño dass personaxes da serie de animación "Men in Black". A súa actividade non cesa, e ese mesmo ano entra a dirixir a revista sobre banda deseñada "Elipse". E tamén, desde 1998, dirixe o salón "Viñetas desde o Atlántico", que fai que A Coruña sexa a capital do cómic español por uns días. E no ano 2003 viu a luz a súa colaboración cun dos máis famoso guionista do mundo, Neil Gaiman, o autor da multipremiada The Sandman, co libro colectivo "Noites eternas". Pero a súa variedade de rexistros non queda ahí. Xa que tamén ilustra textos literarios doutros autores. Como La ley del amor (1995) de Laura Esquivel, e incluso atrévese a por as imaxes a un texto clásico, como a adaptación de Pedro e o lobo (1993), conto popular do ruso Sergei Prokofiev, que fixo Miguel-Anxo Murado. No campo do libro infantil e xuvenil deseña portadas (Cando o mar foi polo río, de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz…) ou le graficamente a historia (Bala perdida de Manuel Rivas). E se pensabades que isto é pouco, este ano volveu aos medios audiovisuais, coa súa pelicula “De profundis”, e a súa obra “Quotidianía Delirante”, está sendo levada ao teatro de máns da compañía catalá “Versus Teatre”.

Premios

Premio “Diario de Avisos” á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife, España), 1984.Premio “Semana de la Historieta de Madrid” ao mellor libro do ano, 1986.Premio “Génie” da Convention de Paris, 1988. Premio Salão Int da BD do Porto (Portugal), 1988. Premio ao mellor libro do ano, Charleroi (Bélxica), 1988. Premio “Buenaventura”, Treviso Comics, Treviso (Italia), 1989. Premio do Salón Int do Cómic de Barcelona á mellor obra de 1988 (Barcelona, 1989). Premio Simão, no Porto (Portugal), 1989. Premio do Salón Int de Grenoble (Francia), mellor autor, 1990. Premio “Grand Prix des Alpages”, Salón Int de Sierre (Suíza, 1990). Premio “Philip Morris” Salón Int do Libro (Xenebra, 1990). Premio “Max und Moritz” do Salón Int de BD (Alemaña, 1990). Premio “Alph’Art” ao mellor libro extranxeiro Salón Int de Angouleme (Francia, 1991). Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992). Premio ao mellor autor extranxeiro, Salón de BD (Chile, 1992). Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993). Premio ao mellor libro do ano, Salón da BD (Francia, 1993). Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano, 1993. Premio “Diario de Avisos” á mellor obra gráfica, Sta Cruz de Tenerife (España, 1993). Premio “Diario de Avisos” ao mellor guión, Sta Cruz de Tenerife (España, 1993). Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria (Casa da Xuventude de Ourense, 1993). Premio “Alph’Art” ao mellor libro extranxeiro Salón Int de Angouleme (Francia, 1994). Premio do Salón Int do Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 (Barcelona, 1994). Premio Especial do Xurado, Festival Int de Sierre (Suíza), 1994. Premio ao mellor guión, Festival de Coxyde (Holanda), 1994. Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora, Festival de Amadora (Portugal, 1994). Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994). Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994). Premio “Fernández Latorre” (A Coruña, 1996). Premio de Honra ao mellor libro extranxeiro, Festival de Amadora (Portugal). Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001) Premio ao mellor autor completo, Salón do Cómic de Granada (España, 2002)..

Obras adicadas ó cómic e cómics en si:

Trazo de tiza Tangencias Stratos Pedro y el lobo Páxinas crepusculares : (historias inducidas) Crónicas incongruentes Quotidianía Delirante: Obra Completa Fragmentos de la enciclopedia délfica. La mansión de los Pampín Belo horizonte Manuel Montano. El manatial de la noche O cómic na escola O cómic en Galicia Elipse : revista galega de banda deseñada. Obras como ilustrador: Retorno a Tagen Ata, de X. L. Méndez Ferrín. 1987 As flores radiactivas, de Agustín Fernández Paz. 1990 Una historieta democrática [Material gráfico] : Palacio de Exposiciones "kiosco Alfonso". 1991 Rapazas, de Agustín Fernández Paz. 1992 6º Salón do Libro Infantil e Xuvenil, VV/AA. 1992 Relatos para un tempo novo, VV/AA. 1993 Pedro e o lobo, deM.-A. / Prokofiev. 1993 El misterio de las campanadas de Xabier Docampo, 1994 Perigo vexetal de Ramón Caride. 1995 Ley de amor, de Laura Esquivel. 1995 A cantar con Xabarin, VV/AA. 1995 Cartel da 3ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O trasno de Alqueidón, de Marilar Aleixandre. 1996 Bala Perdida, de Manuel Rivas. 1996 Ameaza na Antártida de Ramón Caride. 1997 A néboa escura, de Agustín Fernández Paz.1998 Historietas gráficas (Dossier de prensa), 1998 Cos pés no aire, de Agustín Fernández Paz. 1999 Xeografías do sal, de Ramón Caride Ogando. 1999 O xabaril branco, de Tucho Calvo. 2000 O futuro roubado, de Ramón Caride. 2000 No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz. 2001 Diez acorazados del mar, VV/AA. 2001 Diez peces planos de Francisco Armesto. 2001 Diez peces de colores, de Francisco Armesto. 2001 Diez plantas de beiramar, de Francisco Armesto. 2001 As aventuras de Said e Sheila, de Ramón Caride. 2001 Historias para calquera lugar, VV/AA. 2001 A Serea da Illa Negra, de Agustín Fernández Paz. 2003 Contos de Nadal, de Manuel Rivas. 2003 O chapapote móvese : [exposición], 27 de marzo al 27 de abril, Casa de Cultura Salvador de Madariaga, VV/AA. 2003 A Coruña vista por 6 fotográfos + 6 pintores : [exposición], VV/AA: 2004 Rosalía ilustrada, de Rosalía ed Castro. 2004 A negrura do mar ; Os arquivos de Sheila e Said, de Ramón Caride. 2004 A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas. 2005

09-11-2006

David Rubín Miguélez

Enderezo electrónicoDavid Rubín (autoretrato)

Formación académica
Estudou na Escola de Arte Antonio Failde (Ourense).

Debuxante e animador, comezou na ourensá Limaía Produccións. Continúa no campo dos debuxos animados, agora traballando para a produtora coruñesa Dygra. Ten feito curtametraxes e cortinillas de animación, pero é máis coñecido como autor de banda deseñada, xa que é un dos máis prolíficos de Galicia. Confundador do colectivo Polaqia en 2001, debuxou unha historia escrita por Kike Benlloch no álbum colectivo "Mmmh!!". Conta con series propias nas principais revistas galegas: "BD Banda" (desde 2001) e "Barsowia" (desde 2003), respectivamente. É o autor de "Os Kinkilláns", unha das series máis populares da segunda etapa de "Golfiño" (La Voz de Galicia). Cómics seus viron a luz en innumerables publicacións como "Tos", "Huevo" ou "El fanzine enfermo". Foi un dos autores que máis contribuiu á última época da revista "Dos veces breve". "El circo del desaliento" (Astiberri 2005) é o seu primeiro álbum monográfico, e inclúe en castelán a historia "Onde ninguén pode chegar", gañadora do I concurso
Castelao o mesmo ano. 

Premios
 “III La cárcel de papel” autor  revelación 2006
1º  Premio Castelao de BD (Deputación Provincial da Coruña, 2005) coa novela gráfica “Onde ninguén pode cegar”.
1º Premio do certame "Na Vangarda" (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, 2005) coa historia curta "Patacas".
2º Premio do certame "Na Vangarda" (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, 2004) polo relato breve "Corredora" feito en equipo con Emma Ríos.
Gañador do IX Certame de Cómic de Arteixo en marzo de 2004.
Gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano 2002.
4º Premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos no 2001
1º Premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, nos anos 2000 e 2002.
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000).

Obras
El circo del desaliento. Astiberri, (2006)
Barsowia en Llamas. Dolmen Editorial, (2006) (VV/AA)
Capital, 2006 (Guión de Kike Benlloch)
H2Oil, 2003 (VV/AA)
 “APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2001. (Con Emma Ríos)
Cerrtame de Cómic de Arteixo, 2001 (VV/AA)
Mmmh!, 2001 (VV/AA)
Bd Banda, 2001 (VV/AA)
Golfiño, 2000 (VV/AA)
O fanzine das Xornadas, 1994

16-10-2006

Enma Ríos

Enma RíosEnma Ríos Maneiro naceu en Vilagarcía no ano 1976.Autora de BD con moita influencia do manga, cun traballo moi loabre tanto a nivel ilustrador e guionista como arquitecta.

Formación académica
Titulación de arquitecta na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña Xuño 04  

Destaca entre outras cousas por:

Ser colaboradora habitual da revista de cómics Barsowia
Autopublicar a miniserie APB “A Prueba de Balas” (números 1, 2 y 3) baixo o selo Polaqia.
Colaborar nos fanzines ("El bolchevique vespertino", "Esto es la guerra", "Mensajes en una botella" y "Comikaze") ademáis de varias participación no Fanzine das Xornadas de Ourense
Ter unha publicación na revista Dos veces breve, especial autoras marzo 2005.
Publicar un sketchbook monográfico na revista belga L’inèdit magazine no especial para o salón de Angouleme 2005.
Publicar no L’inédit magazine especial terror 2005
Ser colaboradora da axencia de publicidade de Sra.Rushmore como ilustradora para unha campaña de Ron Cacique 2005.
Conferencia sobre orientación profesional para alumnos de 2º de bachillerato como debuxantes de cómic no  Instituto Politécnico de Vigo. Febreiro 2005.
Colaboración co estudio de arquitectura de Alfonso Penela (Vigo) desde Maio 04
Colaboración có Estudio de arquitectura G2 (Jose Abeijón Vela y Miguel Fernandez Carreiras) Outubro 02.

Premios

3º premio concurso de ideas Thyssenkrupp para a expo de Zaragoza Febrero 2005
3º premio del certamen de Banda Deseñada de Ourense en 2004
1º premio do concurso de cómics de Arteixo en 1998

Publicacións

Caña. Estrella Galicia, 2004 (VV/AA)
Revista Barsowia. Polaqia 2003 (VV/AA)
“APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2003. (Con Álvaro López)
H2Oil. Colectivo Chapapote, 2003 (VV/AA)
“APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2001. (Con Álvaro López)
“APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2002.
Cerrtame de Cómic de Arteixo, 2001 (VV/AA)
Craneofilia. autopublicado, 1998 (VV/AA)
O fanzine das Xornadas, 1994

21-09-2006

Álvaro López Santos

alvaro lopezBandera GaliciaÁlvaro López Santos naceu na Coruña en 1977; dirixe o fanzine coruñés "El jardín atómico".  Como debuxante e guionista é un dos máis activos membros do colectivo Polaqia, tendo asinado varias obras optando pola autoedición. Participou tanto en solitario como formando tándem con Luís Sendón ou Kike Benlloch colaborando tanto no guión como nas ilustracións.

Formación académica

  • Estudou deseño gráfico na Escola Pablo Picasso da Coruña.
  • Máster multimedia en creación dixital da Universidade da Coruña.

Premios
  • Premiado dúas veces nos concursos de BD do instituto lugués "A Nosa Sra dos Ollos Grandes".
  • 1º Premio por "Bolboretas", no III Concurso de BD do Alfaiate (2005), (Con Luís Sendón)
  • 2º Premio "Concurso de banda deseñada de Cangas 2006".(Con Luís Sendón)
  • Premio "Cartel de San Xoán 2005". Concello de Carballo.(Con Luís Sendón)

Obras como ilustrador
  • Barsowia en Llamas. Dolmen Editorial, (2006)
  • Capital. Edicions de Ponent, (2006).(Con Kike Benlloch)
  • “38”. banda deseñada. Polaquia (2006). (Con Luís Sendón)
  • A voz na caixa. Polaqia (2005)
  • Feliz cumpleaños May. Jardín atómico. Polaqia (2004).
  • “APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2003. (Con Emma Ríos)
  • “APB” (A Prueba de Balas). Polaqia, 2001. (Con Emma Ríos)

12-09-2006

Luís Sendón Cendrón

Luis Sendón Luís Sendón nace na Coruña, 1981. Adicado máis o ambito da Ilustración, Luís imparte clases de debuxo en actividades extraescolares a nenos de E. Infantil e Primaria.

FORMACIÓN ACADÉMICA

  • Técnico superior en ilustración (Escola de artes Pablo Picasso).
  • Estudos de fotografía (Escola de artes Pablo Picasso).

OBRAS COMO ILUSTRADOR

  • "38". banda deseñada. Polaquia (2006)(Con Álvaro López)
  • Guías en formato banda deseñada sobre drogas. "Cóntrola vol.1 e vol. 2". Xunta de Galicia (2005 e 2006)(Con Diego Cedrón)
  • "Hércules e Xerión". Baía edicións (2005). "Adeliña". Deputación de Ourense (2004). "La cocina de Picadillo & Pardo Bazán". Hércules de Ediciones (2003).
  • "Galicia de conto".Hércules de Ediciones (2003). "Unha soa bágoa". Hércules de Ediciones (2002).
  • Ilustracións para discos (Nashgul, Sl´s3, Swen Shut, Fromtheashes, Destierro…). Colaboracións nos colectivos de banda deseñada Polaquia e H2oil.

PREMIOS

  • 2º Premio "Concurso de banda deseñada de Cangas 2006".(Con Álvaro López) Premio "Cartel de San Xoán 2005". Concello de Carballo.(Con Álvaro López)
  • 1º Premio "Concurso de banda deseñada O Alfaiate 2005". A Coruña.(Con Álvaro López)
  • 3º Premio (Adulto) "IX Concurso de Banda deseñada de Arteixo 2004"
  • Premio "Pura e Dora Vazquez de ilustración 2003". Deputación de Ourense