O cómic desde distintas miradas

Fancómic

18-11-2009

Proyección de anime experimental en la Biblioteca Municipal Os Rosales de A Coruña

El anime experimental es una nueva tendencia de animación japonesa en la que la calidad argumental y la técnica de dibujo es completamente diferente de la animación nipona que estamos acostumbrados a ver.

El viernes 20 de noviembre a las 19:00 h. en la Biblioteca Municipal Os Rosales descubre y sumérgete en dos cortometrajes: La Maison en Petit Cubes de Kunio Kato y Tobira o Akete de Takashi Murakami (quien tuvo una magnífica exposición en el Museo Guggenheim de Bilbao hasta el 31 de mayo) obras éstas que indagan en lo más profundo del ser humano.

Cambiarás el pensamiento y el concepto sobre el anime. Habrá también una pequeña charla y explicación de los dos cortometrajes proyectados por primera vez en Galicia.


17-11-2009

David Pinto gaña o premio internacional na Bienal Carnet de Voyage

Etiquetas: Autor galego, Premio

David PintoO artista e debuxante David Pintor, máis coñecido como Pinto (de Pinto&Chinto) foi galardoado co premio internacional de ilustración na Bienal Carnet de Voyage que se celebra anualmente na localidade francesa de Clermont-Ferrand, polo seu libro “Cuadernos de papel”.

Este libro é unha compilación de estampas e imaxes recollidas por este autor nalgunas das ciudades que visitou. A obra, publicada recentemente por  El Patito Editorial, presenta bosquexos de lugares emblemáticos das máis importantes capitais europeas. As rúas de  Praga, París, Venecia e Londres están representadas á perfección nun libro no que tampouco podían faltar algunhas das cidades que o viron nacer e medrar, como A Coruña y Santiago.

Este galardón a pesar de vir precedido de moitos outros, ten un sabor especial xa que a feria, exclusivamente centrada en libros sobre viaxes, ten carácter internacional. O certame xurdiu hai varias décadas pola iniciativa dun grupo de afecioados e hoxe en día é un dos máis importantes sobre esta materia en Francia, onde se reúnen, durante tres días, artistas de todo o mundo para expoñer os seus traballos.

12-11-2009

Premios Diario de Avisos ao Festival Internacional da Coruña Viñetas desde o Atlántico

A 32ª ediciónViñetasión dos Premios Historieta Diario de Avisos foi concedida na súa categoría de "Mejor labor en pro de la historieta" ao Festival Internacional de Banda Deseñada  Viñetas desde o Atlántico que ten lugar desde hai doce anos na cidade da Coruña.

Estes premios, os máis vellos do cómic e a cuxa cabeza está Manuel Darias, destacan que o noso Viñetas desde o Atlántico:"es un festival del cómic que se celebra en La Coruña desde hace doce años. Este salón, creado, impulsado y dirigido por Miguelanxo Prado, es actualmente uno de los más prestigiosos de España. Por este importante trabajo de divulgación del universo del tebeo, "Viñetas desde el Atlántico" ha ganado el premio "a la mejor labor en pro de la historieta".  

Parabéns desde Fancómic para Miguelanxo Prado e Carlos Portela e todos aqueles que traballan neste evento.

09-11-2009

III Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados

O Concello de Santiago de Compostela e a editorial Kalandraka convocan o III Premio Internacional ‘Compostela’ para álbums Ilustrados, cunha dotación económica de 12.000 € en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro de 2010 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

 Información completa do Premio

05-11-2009

As serpes cegas acada o Premio Nacional de Comic

Serpientes ciegasO álbum As serpes cegas do mallorquín Tomeu Seguí e do madrileño Felipe Hernández Cava obtén este ano o Premio Nacional de Cómic, que outorga cada ano, desde o 2007, o Ministerio de Cultura. A obra foi editada polo colectivo galego BD Banda en galego  e castelán no pasado 2008, sendo a primeira coedición galego-francesa neste campo.

O álbum xa fora recoñecido co Premio da Crítica, o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión e o Premio do Saló del Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión entre outras distincións.

O premio Nacional de Cómic ten recoñecido a autores como Max, primer premiado nesta categoría no ano 2007, por Bardín el Superrealista ou Paco Roca no 2008 pola súa obra sobre o Alzeimer Arrugas.

Desde Fancómic a nosa felicitación aos autores e ao colectivo amigo BDBanda.

30-10-2009

VI Encontro galego de profesionais da ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración celebra o sábado 31 de outubro o seu sexto encontro que ten lugar en Santiago de Compostela. Ademais de acoller a asemblea xeral da AGPI, o evento inclúe multitude de actos abertos a todo o público e completamente de balde como as charlas de Max e Horacio Altuna ou a actuación musical de Crexendo a modo.
 
Programa do encontro

26-10-2009

Taller de Manga na Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Para rapaces e rapazas a partires de 13 anos la Biblioteca Municipal Sagrada Familia pone en marcha un obradoiro de debuxo e ilustración de manga dirixido por Ana del Valle A actividade terá lugar os sábados 21 e 28 de novembro e 5 de Decembro de 12 a 14 h.

Para poder participar debes achegarte á Sala Infantil da Biblioteca Municipal Sagrada Familia ou isncribirte no formulario de abaixo pero lembra que se es menor de idade necesitas a autorización dos teus pais.

 

Inscrición ao taller de manga

24-10-2009

Increíble pero certo: 2º cabodano da revista Retranca

Etiquetas: Terra galega, Nota

Parece que foi onte pero a revista de publicación mensual Retranca leva xa dos anos…. viva! e para celebralo o vindeiro 30 de outubro, antes de (samhain-Halloween-Difuntos)  tedes unha cita coa Santa Compaña, xa que estades convidados ao 2º Cabodano de Retranca. O encontro será no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra. A organización prega ir de loito e co bandullo baleiro (haberá pinchos).

 

21-10-2009

24 de outubro: día da biblioteca, o cómic e a camiseta

Camiseta de FancómicO sábado día 24 celébrase o día da biblioteca e desde Fancómic queremos dar un agasallo aos lectores de cómic das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Se o sábado día 24 vas por calquera das nosas bibliotecas con fondo de cómic e te levas en préstamo 5 cómics,  nós te agasallamos cunha camiseta (deseño abraiante). É sinxelo, chegas, pides en préstamo 5 tebeos e pides a túa camiseta (1). Gustaríanos que tamén levases 5 cómics aínda que as camisetas estean esgotadas, é o realmente importante.

 

(1) Ata agotar existencias. Existen diversos tamaños.

20-10-2009

A Esmorga, de Blanco Amor en cómic

Este ano cúmprese cincuenta da publicación da Esmorga escrita por Eduardo Blanco Amor. O libro naceu na Arxentina e non fue ata os anos 70 cando poido publicarse en España debido a censura franquista ante unha obra que mostraba a brutalidade e represión do sistema.

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, no contexto deste aniversario, encargou a elaboración dun cómic sobre A Esmorga que foi realizado por Jaime Eizaguirre como debuxante e Carlos Rafael como guionista e editado por Difusora. O cómic inclúese nun volume xunto a un xogo de rol sobre a novela, os traballos fotográficos realizados por Blanco Amor e outras seccións ainda por saber xa que este conxunto publicarase a fins do mes de novembro aproximadamente.

16-10-2009

Fernández Mallo finaliza su trilogía Nocilla utilizando el cómic y el cine

Etiquetas: Noticia, Autor galego

Agustín Fernández Mallo

En 2006 el coruñés Agustín Fernández Mallo publicaba su obra "Nocilla Dream", primera de la trilogía que ahora se cierra,  provocando tanto eco que incluso llegó a dar nombre a un grupo de escritores y creadores que integraban en el contexto literario los nuevos elementos presentes en nuestra sociedad: internet, vídeo, cine, cómic, televisión, etc.

"Nocilla Lab"  continúa esa línea con una historia trepidante (sin puntos) en una narración en la que conviven cómic, en este caso realizado por Pere Joan, y  vídeo, que el usuario podrá ver en el blog del autor (de más que recomendable visita bajo nuestro punto de vista).

Por fin podremos tener entre las manos una integración de buena literatura con elementos pop (Italo Calvino y Coca-Cola) y por fin podremos apreciar cómo el cómic asume funciones narrativas, expresivas y estilísticas de la mano de la literatura tradicional. Como dice el propio Agustín Fernández Mallo "Somos muy puristas y a veces nos ponemos fantásticos, y la narrativa y la poesía tienen que beber de todo, como hacen el resto de las artes".

29-09-2009

21 Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

O salón máis clásico de Galicia volve este ano na súa 21ª edición do 1 ao 18 de outubro. As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, tan vencelladas a este blog, presentan este ano 2009 un moi interesante programa:Xornadas BD Ourense

EXPOSICIÓNS

- Sobras maestras, de Miguel Brieva: colaboracións no El Jueves, El País ou Rolling Stone
- Juanjo Sáez: autor de BD, publicista e ilustrador
- Cuaderno de tormentas, de David Rubín: Orixinais do último libro de David Rubín
- Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2008: Exposición do certame organizado polo Instituto de la Juventud
- Fanzine Enfermo: premiado no Salón de Barcelona no 2008
- All-Girlz: novas ilustradoras e guionistas portuguesas de banda deseñada
- GZcrea Banda Deseñada 2009: Obras gañadoras da edición deste ano do concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia,
- Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008: repaso á obra dos autores gañadores dos concursos máis relevantes en Galicia.
- Miña terra galega: oito autores galegos, reflexionando acerca dos tópicos relacionados con Galicia.

ACTIVIDADES

- Cinema e BD: proxección do filme Vals con Bashir

- Encontro de BD:
mesas redondas e charlas cos autores da exposicións

- Lab-Ou:
exercicios creativos colectivos para autores de banda deseñada

- Entrega dos premios do Certame«GZcrea 2009» e do Premio Ourense de BD
 

Aquí tedes os horarios e locais das exposicións e actividades e ademais o fanzine das xornadas.



Post relacionados:

| As Bibliotecas Municipais da Coruña acada o Premio Ourense a promoción da BD (23-09-2008) | Programa das XX Xornadas de BD de Ourense |

28-09-2009

Exposición Galicia 2009, tempo de BD en Bruxelas

Do 1 ao 8 de outubro poderá visitarse na capital belga a exposición Galicia 2009 tempo de BD que organiza a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no 7º Festival de Banda Deseñada da Rexión de Bruxelas.

A mostra recolle os grandes traballos que se produciron na comunidade nos últimos anos e consta de 70 láminas coas que se pretende exemplificar a abondosa produción de banda deseñada que rexistrou Galicia.

11-09-2009

Trazo de tiza de Miguelanxo Prado ao cine

Trazo tiza Miguelanxo PradoOs irmáns David e Alex Pastor hai pouco que remataron o seu primer longometraxe, Infectados, que se estrea en outubro  e xa están en fase de pre-producción de seu novo film. Trátase dunha adaptación do cómic Trazo de Tiza obra casi mítica de Miguelanxo Prado con quen xa tiveron os primeiros contactos para a preparación do guión e, unha vez adquiridos os dereitos a Miramax, semella que o tebeo pode acabar efectivamente nas pantallas dos cines.

O rodaxe comenzará no 2010 e non será unha película de animación ainda que é pronto para adiviñar os nomes dos actores protagonistas. Gústanos moito as motivacións dos directores pola que escolleron un cómic e esta obra en concreto: "quizais dende a nosa adolescencia é este un deses libros que fican na nosa memoria. Realmente foi un momento no que vimos que o cómic podía ser unha obra de arte, tal como consideramos a unha novela e, nese aspecto, constituíu unha verdadeira revelación… "

10-09-2009

O debuxo animado americano, unha arte do século XX, na Coruña

Etiquetas: Exposición, Coruña

Na Fundación Luis Seoane da Coruña atopámonos cunha interesantísima exposición que recolle os debuxos, bosquexos, affiches e acetatos orixinais da historia do cine de animación dos Estados Unidos. O evento, comisariado polo historiador do cine Luciano Berriatúa, fai un percorrido pola traxectoria dos debuxos desde os anos vinte ata os noventa con figuras tan absolutamente significativas como Tex Avery, Paul Terry ou Matt Groening.

Só por coñecer a obra de Tex Avery (Frederick Bean Avery) vaga a pena visitar a Fundación. Este autor deu vida a persoaxes coñecidos por todos como Pato Lucas, Bugs Bunny, Porky o Chilly Willy e representou a ruptura do "realista" estilo Disney cun influxo sobre os estudios de animación que comenza nos anos cincuenta e chaga ata os nosos días.

Ata o 27 de setembro Prorrogase ata o 12 de outubro

25-08-2009

Con firma propia



24-08-2009

5 nominacións galegas aos Premios da Crítica

Etiquetas: Terra galega, Premio

Dentro dos máis prestixiosos de España os Premios da Crítica organizados pola editora Dolmen presentan este ano nada menos que cinco candidaturas galegas, tanto autores como obras:

  • Miguel Anxo Prado a toda unha carreira nacional.
  • José Domingo ao mellor debuxante nacional polo seu Cuihmne.
  • Felipe Hernández Cava ao mellor guionista nacional  por As Serpes cegas editada pola nosa BD  Banda.
  • Bartolome Seguí ao mellor debuxante nacional por As Serpes cegas.
  • As serpes cegas á mellor obra nacional.
Os gañadores destas e outras categorías daránse a coñecer o 12 de setembro. Moita sorte! [E finalmente os gañadores foron]

 

Premios da Crítica 2008