¡Moi pronto a nova sección de Fancómic sobre cociña manga!

Fancómic

02-07-2008

Olivier Ka tamén estará no Viñetas 2008

Etiquetas: Viñetas 2008, Salón

Oliver Ka O francés de orixe libanesa Olivier Ka é outro dos autores que nos visitará en Viñetas 2008. No Salón contará cunha exposición monográfica adicada ao cómic do que es autor do guión "Por qué he matado a Pierre" editado en España por Ponent e que acadou o Premio Esencial de Angouleme 2007.

Neste cómic, de tinte autobiográfico, Olivier intenta matar os seu demo interior (ao que chama Pierre) perante un exercicio de instrospección especialmente da súa infancia. Alfred é o debuxante do tebeo aínda que non vai a poder estar no noso Viñetas.

Howard Cruse e Mark Buckingham estarán en Viñetas 2008

Etiquetas: Viñetas 2008, Salón

Howard Cruse é o primeiro invitado coa presenza confirmada para o noso Viñetas desde o Atlántico 2008. Foi fundador de Gai Comix, comezou traballando para publicacións como Dope Comix e Bizarre Sex. En 1979 crea o seu máis exitoso traballo: Wendel, unha serie acerca da cotidianía dun gai idealista, o seu noivo e outra serie de personaxes que desfilan por estas revindicativas e humorísticas páxinas. A día de hoxe, Cruse segue o seu traballo de xeito incansable. Podeis coñecer o seu traballo no seu divertido website:

Que levarlle a asinar?

  • WENDEL: As súas PRIMEIRAS AVENTURAS: A Cupula Editorial. Libro de historietas apaisado, en rústica, 116 páxinas, b/n. 8,95 euros.
  • STUCK RUBBER BABY: MUNDOS DIFERENTE: Dolmen Editorial.Tomo en tapa dura, 224 páxinas, b/n. 25 euros.

Mark Buckingham é o outro invitados confirmado para este ano.Este británico traballa fundamentalmente para as grandes editoriais americanas (Marvel, DC) e ten recibido o premio Eisner pola serie Fábulas. A organización ten pensado realizar unha mostra restrospectiva deste autor.

07-06-2008

Os polacos vanse de MOCCA a Nova Iork

Polaqia Nueva YorkA verdade é que eles non se van de “moca”, pero os seus tebeos si. En realidade van ao MoCCA (Museum of Comic and Carton Art), o Museo do Cómics de Nova Iork, para participar nun dos festivais de cómic independente máis importante dos USA. Esta iniciativa é posible grazas ao encontro que tiveron os Polaqos coa xente de Calavera Cómics (Non confundir cos fundadores de Sepultura, nin coa Pinta, a Niña e a Santa María) que despois de intercambiar experiencias, sensacións e tebeos (seguro que tamén intercambiaron máis de unha birra e un licor café) decidiron que sería interesante facer unha mostra, en cadanseu país, co que se está cocendo ao outro lado do Atlántico. Por iso entre o 7 e o 8 deste mes (xa non queda nada) tódolos tebeos editados por Polaqia estarán á venda no MoCCA, sendo a primeira vez que publicacións como “APB”, “38”, “Pinche Mundo”, “Tanque Familiar” e incluso a revista dos Polaqos, “Barsowia”, se poidan adquirir en EE.UU.

Para que o público estadounidense coñeza o colectivo máis dicharachero de Barrio Sesamo, exhibirase no MoCCA o cartel que está a vosa esquerda. Un cartel feito “a pachas” entre Alexis Ziritt –membro de Calavera Comics- e o noso incombustible “Oso Malayo sin Desaliento” David Rubín, no que se da información do colectivo: quen son, de onde son, que premios obtiveron, etc.

Este intercambio cultural completarase en agosto, máis concreto entre o 11 e o 17, cando poidamos ver e comprar os cómics que edita Calavera (inéditos no noso país) no noso Salón “Viñetas desde o Atlántico”, que este ano fará honor ao seu nome máis que nunca, xa que, desde o outro lado do Atlántico virán as “CalaViñetas” para ser expostas no stand de Polaqia.

En palabras de Polaqia, “creemos que este pequeño paso, dado con fuerza e independencia, es un gran avance y una muestra más de que al cómic gallego no hay frontera que se le resista, y nos reafirmamos en nuestra idea de que buscar nuevos caminos dentro de un medio tan rico como el cómic, y no ceñirse a fórmulas una y mil veces vistas, es la verdadera llave para llamar la atención, abrir puertas y caminos tanto para la colaboración como la internacionalización del cómic gallego, y, lo más importante, crear lectores fieles para el medio. Como siempre, Polaqia mantiene abiertas las puertas a colaboraciones, tanto a nivel individual como colectivo, tanto a autores de aquí como de cualquier otro confín de la Tierra. ¡Cuidado, Broadway! Polaqia ronda tus alrededores.”

Só esperamos que esta colaboración sexa do máis fructífera para os dous colectivos, que a sorte siga cos nosos queridos Polaqos e cos seus alíados, que nos sigan deleitando coas obras mestras as que nos teñen acostumados, que non canten a canción de Mecano (Ya estoy en Nueva York), que quemen Broadway e que POR FAVOR non cambien “Estrellas Galicia” por  “Budwaiser”.

Iván Serrano
O xinete polaco

02-06-2008

Viñetas desde o Atlántico xa ten datas

Do 11 ao 17 de agosto terá lugar Viñetas desde o Atlántico 2008 na cidade da Coruña. Nesta a súa undécima edición non está previsto cambios de calado ainda que un espazo habitual no evento como é o Quiosco Alfonso estará ocupado nesas datas e a organización debe buscar outras sedes para as distintas actividades.