
A revista britanica de arquitectura,
The Architect’s Journal, acaba de publicar un pequeno artigo no que mostra as dez cidades máis impactantes e influentes do mundo do cómic desde, como é lóxico, unha perspectiva arquitectónica.
As cidades escollidas son:
1 – Mega City One, a ciudade do xuíz Dredd
O primeiro posto é para o cómic dos guionistas
Pat Mills e
John Wagner e da man do debuxante Carlos Ezquerra. Totalmente única.
2 – O Chicago de Chris Ware
Ware é un apaixoado pola arquitectura - e de feito utiliza os edificios e as seccións a través deles - como un dispositivo de estructuración da narración. Moitas das súas historias establecense en Chicago e nos seus suburbios.
3 – O Londres de From Hell
Unha gran cidade imperial na cúspide da modernidade. Obra de arte de Eddie Campbell en From Hell, sempre co xenial guión de Alan Moore.
4 – O New York de Daredevil
A mediados dos anos oitenta, o escritor Frank Miller e o artista Dave Mazzucelli crearon unha visión infernal de Nova York.
5 – A ciudade de The long tomorrow,
de Moebius
Apareceu por primeira vez na revista francesa Metal Hurlant, Moebius está considerado como un dos máis grandes na representación espacial na banda deseñada.
6 – Gotham CityA arquitectura da cidade de Gotham é unha personaxe central.
7 – UrbicandSchuiten naceu nunha familia de arquitectos formados en Bruxelas e a personaxe principal desta obra tamén é arquitecto.
8 – MetrópolisGrant Morrison y Frank Quitely presentanos unha metrópoli utópica.
9 – A ciudade Inca de Tintín
En varios libros Hergé explorará as cidades de América do Sur.
10 – Radiant City, de Mr.X
Míster X é un dos creadores da cidade, que regresou do exilio para reparala, e vai facelo contra un goberno corrupto.
Ben, agora gustaríame coñecer a vosa opinión sobre a selección. Dende logo, salta á vista que non hai ningunha referencia ao manga. ¿Que cidades no mundo do cómic votades en falta ou que son dignas de mención?