21 Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
O salón máis clásico de Galicia volve este ano na súa 21ª edición do 1 ao 18 de outubro. As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, tan vencelladas a este blog, presentan este ano 2009 un moi interesante programa:
- Sobras maestras, de Miguel Brieva: colaboracións no El Jueves, El País ou Rolling Stone
- Juanjo Sáez: autor de BD, publicista e ilustrador
- Cuaderno de tormentas, de David Rubín: Orixinais do último libro de David Rubín
- Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2008: Exposición do certame organizado polo Instituto de la Juventud
- Fanzine Enfermo: premiado no Salón de Barcelona no 2008
- All-Girlz: novas ilustradoras e guionistas portuguesas de banda deseñada
- GZcrea Banda Deseñada 2009: Obras gañadoras da edición deste ano do concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia,
- Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008: repaso á obra dos autores gañadores dos concursos máis relevantes en Galicia.
- Miña terra galega: oito autores galegos, reflexionando acerca dos tópicos relacionados con Galicia.
- Cinema e BD: proxección do filme Vals con Bashir
- Encontro de BD: mesas redondas e charlas cos autores da exposicións
- Lab-Ou: exercicios creativos colectivos para autores de banda deseñada
- Entrega dos premios do Certame«GZcrea 2009» e do Premio Ourense de BD
Aquí tedes os horarios e locais das exposicións e actividades e ademais o fanzine das xornadas.
| As Bibliotecas Municipais da Coruña acada o Premio Ourense a promoción da BD (23-09-2008) | Programa das XX Xornadas de BD de Ourense |
E tras Avilés é o turno de Gixón na 33 edición do Salón Internacional do Cómic do Principado de Asturias que se celebra do 13 ao 17 de outubro do 2009. Como avance temos algúns dos autores convidados aínda que a presencia de todos está por confirmar: Russ Heath, Michael Golden, Renee Witterstaetter, Diego Olmos, Dani Acuña, Pau Rodríguez, Toni Carrillo, Javier Navarro, Alfonso Zapico, Rubén del Rincón, Alberto Álvarez Peña, Enrique Carballeira, Marcos de las Heras, Javier Antonio Marinas, Gaspar Meana, Ernesto del Castillo“Neto”, Álvaro Noguera e Suso. 


Durante toda esta semana do 20 ao 26 de xullo celébrase unha nova edición do Salón do Cómic de Cangas que este ano ten autores invitados como Diego Olmos, Montse Martín, Alberto Guitián ou Gabor. Como en edicións anteriores o salón ten lugar no Auditorio municipal e ademáis das exposicións tamén conta con obradoiros e exposicións de películas.
Enrique Vegas

los españoles Cels Piñols, Kenny Ruiz y JMV y especialmente del padre de Superlópez, Jan que contará con exposición propia.
Emma Ríos


O 12º Festival de Banda Desenada da Coruña Viñetas desde o Atlántico 2009 xa ten datas. Terá lugar do 10 ao 16 de agosto. Có tempo iremovos irformando de todo o relacionado có noso festival.










